PRESENTACIÓN DO LIBRO CHRISTIAN VILLAMIDE IN LANDSCAPE MODE

26 June 2020
Horario: 18:30 h

Presentación do libro

Christian Villamide. In Landscape Mode

O venres 26 de xuño ás 18:30 horas, o CGAC presenta o catálogo da exposición In Landscape Mode, do artista Christian Villamide, que tivo lugar no CGAC do 27 de setembro de 2019 ao 23 de febreiro de 2020.

Ao acto asistirán Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, a comisaria da exposición Paula Cabaleiro, o artista Christian Villamide, e o director do CGAC Santiago Olmo.

Logo de colonizar temporalmente os espazos intermedios do museo, a mostra In Landscape Mode trasládase agora ás páxinas deste catálogo de exposición, onde o artista nos convida a repensar a nosa relación coa natureza a través da reflexión e a contemplación das súas paisaxes reais e imaxinadas.

Entrada libre. A capacidade da sala estará limitada a 50 asistentes.