Compostela Conversa é un ciclo cultural que se inicia en 2017 na cidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de dar voz ao novo talento musical galego ao tempo que o conecta con artistas de outras disciplinas e xeografías, fomentando a reflexión sobre a escena actual.
Nesta terceira edición, que se celebrará os día 15 e 16 de febreiro, o Concello de Compostela e o CGAC colaboran para reivindicar os 20 anos da celebración de Lost in Sound.
Lost in Sound introduxo tamén un novo concepto de museo, adaptando á institución a novos usos e funcións dentro da sociedade e a cultura do lecer.
Deste xeito, o espazo protagonista para a celebración de Compostela conversa: 20 años - Lost in Sound non pode ser outro que o CGAC, o museo de arte contemporáneo de Galicia que logrou, ás portas do século XXI, abrir o museo á rúa e enchelo de novos públicos e artistas que se preguntaban, en común, unha serie de cuestións que convén volver a poñer sobre o taboleiro.
PROGRAMA
Venres, 15 de febreiro
[sala de exposicions - planta baixa CGAC]
19:00 h. Inauguración de 20 años - Lost in Sound e debate: ¿Veinte años no son nada? Con: Branca Novoneyra, Manuel Olveira e Víctor Flores.
Presentan: O director xeral de políticas culturais Anxo Lorenzo e o director do CGAC Santiago Olmo.
20:30-21:45 h. Jus Kno’
22:15-24:00 h. Víktor Flores
Sábado, 16 de febreiro
13:00 h. El cuerpo del disco
[cafetería CGAC]
17:00 h. Charla: Aínda aquí. Polvareda ou poso cultural. Con: Montse Rego, Chiu Longina y Lola Dopico.
Modera: Manuel Olveira
[sala exposicións - planta baixa CGAC]
18:00 h. Arriba e abaixo. O debate entre alta e baixa cultura e a electrónica na era dixital. Con: Virgen María, El Cuerpo del Disco, Jus Kno’.
Modera: Víktor Flores
[sala exposicións - planta baixa CGAC]
19:30-21:00 h LOWLIGHT
[sala de exposicións - planta baixa CGAC]
21:30-22:30 h coucou chloe
[sala de exposicións - planta baja CGAC]
22:45-00:45 h Virgen María dj
[sala de exposicións - planta baixa CGAC]
A entrada será libre e de balde até completar a capacidade da sala.
