Prepara a túa visita
Horario
O horario de apertura do CGAC é o seguinte:
- De martes a domingo, de 11 a 20 h
- Luns, pechado
- Días de peche: 1 e 6 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro
O desaloxo das salas comezará 10 minutos antes da hora de peche, excepto no caso de visitas ou actividades programadas fóra do horario de apertura ao público.
Localización e acceso
O museo está no número 2 da rúa Ramón del Valle Inclán en Santiago de Compostela.
A porta principal está situada debaixo dun atrio cuberto na fachada sur do edificio e pódese acceder a través dunha rampla ou de dous tramos de escaleiras.
A cafetería do CGAC dispón dun acceso independente situado na fachada leste do edificio, xunto á entrada ao parque de Bonaval.
Entrada e visitas guiadas
A entrada ás exposicións é de balde.
O CGAC ofrece visitas guiadas con e sen cita previa ás súas exposicións temporais durante todo o ano. Todas as modalidades son gratuítas e se realizan co acompañamento de mediadoras especializadas en arte.
Accesibilidade
O CGAC, no seu compromiso coa accesibilidade universal, traballa na continua mellora dos seus servizos para lograr a plena accesibilidade e no desenvolvemento dunha programación educativa que ofreza unha atención de calidade a públicos diversos.
O edificio está equipado con ramplas e ascensores que facilitan o acceso e a circulación pola práctica totalidade dos espazos abertos ao público. Existe un aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida na primeira planta, xunto á biblioteca.
|
|
|
|
|


