Aínda que nos últimos anos as noticias televisivas e o periodismo catapultaron á primeira plana o fluxo de refuxiados como un problema, a historia do século XX está atravesada polo drama de conflitos e millóns de persoas desprazadas, exiliadas, expatriadas e refuxiadas.
- Inicio
- Busca
Busca
O proxecto expositivo WORK (always) IN PROGRESS formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (Lisboa, 1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens ou Floresta nun arco temporal que percorre tres décadas.
Christian Villamide (Lugo, 1966) reflexiona nesta mostra acerca desa distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia coa que sometemos a natureza.
Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías.
Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi presentado durante décadas polos medios de comunicación como un personaxe extravagante, o que non permitiu ver máis alá e recoñecer a verdadeira dimensión artística da súa vida e obra. Man foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente apartado do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que lle deron forma ao seu museo.
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.
Crebas é un termo propio do léxico da Costa da Morte, que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, a consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, a exposición mostra unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019, que sintetizan a esencia da obra de Torres. É unha nova oportunidade de reler o seu traballo desde outras perspectivas, observando os vínculos existentes entre as diferentes etapas da súa traxectoria artística, que explora aspectos de carácter histórico, filosófico, político e antropolóxico, expresados a través múltiples medios como a instalación, a fotografía, o debuxo ou a escultura. Aquí preséntanse unha serie de obras inéditas directamente relacionadas con Galicia, que enlazan coas súas primeiras pezas conceptuais dos anos setenta, articuladas en perfecto diálogo con obras posteriores, moi particularmente instalacións multimedia, concibidas como un dispositivo de narración complexo, con frecuencia resultado dun exhaustivo proceso de investigación.
Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será tratada neste proxecto no CGAC, no que poderemos ver en directo a Pièce distinguée n.º 45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías.
Coincidindo co 30.º aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o proxecto expositivo Cultivar incertezas. Reformular o espazo / conmocionar a mirada pretende amosar unha selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que pasou polas súas aulas ao longo do xa superado cuarto de século de actividade.
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a segunda edición do Pre
O título Wonder Women fai referencia a unha obra da artista norteamericana Dara Birnbaum, presente na colección, que se inspira pola súa vez nunha superheroína concibida orixinalmente para os cómics, a cal chegaría a protagonizar unha serie de televisión de grande éxito nos anos setenta.
Dem. Encontro con... Eduardo Kac propón enfrontar ao creador coa perspectiva crítica, coa autopoética, coa mirada allea, a Eduardo Kac, con dous dos grandes especialistas do noso tempo en teatro e novos medios, arte e novas tecnoloxías, así como na perspectiva do poshumano e da biotecnoloxía, Anxo Abuín González (USC) e Eugenio Viola, director do programa Project Room do Museo d´Arte Contemporanea Donnaregina (Nápoles).
A URXENCIA DO DISCURSO29-30 abril, 6-7 maio Nun momento en que a banalización dos significados, imposta pola presión do novo e pola primacía do visual, pode pór en perigo a densidade de discursos que requiren unha velocidade de aprehensión máis lenta e esixente, urxe dar espazo a un tipo de reflexión que logre escapar da ditadura do sound bite. A urxencia do discurso ofrécenos unha ocasión privilexiada para a audición desacelerada do pensamento estético como intre decisivo na cartografía da recepción da arte contemporánea.
1-3 de xuñoNo marco da exposición In Search of the Miraculous: trinta anos despois celebrarase un seminario centrado na vida e a obra do artista holandés Bas Jan Ader. A actividade, impartida polos artistas e investigadores Marion van Wijk e Koos Dalstra, desenvolverase entre o día 1 e 3 de xuño. Como complemento ao mesmo o xoves a partir das 19 horas terán lugar unha conferencia a cargo dos dous especialistas holandeses, e a proxeccióndo filme Here is always somewhere else, escrito e dirixido por René Daalder en 2007. A entrada tanto a conferencia coma a proxección serán de balde.
Este máster céntrase no ámbito de coñecemento específico da arte das últimas décadas, abranguendo dende aspectos conceptuais e prácticos sobre a crítica, ata o mundo dos museos e as exposicións, a súa xestión, a súa produción e montaxe, didáctica e demais actividades envorcadas no achegamento da arte á sociedade actual.
COLABORACIÓN CON CINEUROPA 16 novembro - 3 decembro O CGAC acollerá en vindeiras semanas varias proxeccións de documentais sobre artistas plásticos portugueses e españois. O ciclo intégrase dentro da programación de Cineuropa, festival co que o centro volve colaborar nesta XXIV edición.As fitas seleccionadas son un total de dez e as súas proxeccións, con entrada de balde, terán lugar no Auditorio do CGAC, entre o martes 16 de novembro e o venres 3 de decembro.
En vindeiros días teremos novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para a exposición Jeff Wall: The Crooked Path.
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a terceira edición do Pr
O auditorio do CGAC acollerá os vindeiros 10 e 11 de marzo en horario de 16 a 20 horas unha Master Class Vocal a cargo de Dead Bowman. Os interesados deben poñerse en contacto coa Escola de Música Estudio a través do enderezo de correo electrónico ara.corodecor@yahoo.es ou no teléfono móbil 652-182540
O CGAC organiza un seminario dirixido a docentes de educación primaria, e educadores sociais e de museos que orienten o seu traballo cara á busca de espazos de intersección entre os ámbitos da arte e da educación. Partindo dunha revisión crítica, Ana Angélica Albano explicará algúns dos proxectos sociais de iniciación artística que desenvolveu en diversas comunidades do Brasil. Espazos de posibilidades para a aprendizaxe, a experimentación e o diálogo, creados a partir da disolución dos límites de ambas as dúas áreas, e que converten a educación artística en eixe aglutinador de materias e impulsor da diversidade cultural.
Paxinación
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- ›› Páxina Seguinte
- Último » Last page