II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a segunda edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea co fin de promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega.
O ensaio gañador será premiado con 3.000 euros ademais da súa publicación en forma de libro dentro dalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro.
Pola Orde do 3 xuño de 2019 (DOG núm. 112 do 14 de xuño) convócase o II Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporá neo así como as bases que regulan a súa concesión.
No artigo 12 da Orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.
En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo12.2 da Orde da convocatoria.
Resolvo:
Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoració n para a concesió n do II premio CGAC de investigació n e ensaio en arte contemporáneo ás seguintes persoas:
Presidente:
- Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC)
Vogais:
- Xosé Antón Castro Fernández, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo), crítico de arte e comisario de exposicións.
- Susana Cendán Caaveiro, profesora da facultade de Belas Artes de Pontevedra ( Universidade de Vigo), crítica de arte e comisaria de exposicións.
- Miguel Anxo Rodríguez González, profesor da facultade de Historia dá Arte (Universidade de Santiago de Compostela).
Secretaria:
- Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.