Exposicións

12 Xuño 2026 - 12 Febreiro 2027
Primeira planta
Comisariado:
Sara Donoso
Artistas:
Alberto Ardid, Abel Azcona, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Amparo Garrido, Regina Giménez, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Iñigo Royo, Luis Seoane & María Elena Montero, Regina Silveira, Ariadna Silva Fernández

Illa ignorada propón unha reflexión sobre a creación artística como exercicio de resistencia e cuestionamento, onde o íntimo, o espazo privado e o propio marco circunstancial operan como un mapeo para abordar o territorio do común.

25 Setembro 2026 - 18 Abril 2027
Planta baixa, Dobre Espazo e hall
Comisariado:
David Barro

Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes reflicte a infancia do artista no porto do Pireo e o seu vínculo co mar como espazo de intercambio cultural e, ao mesmo tempo, aséntaa. Figura clave da arte povera, a obra de Jannis Kounellis (O Pireo, Grecia, 1936 - Roma, 2017) é unha viaxe no tempo, a odisea dunha insistencia ou o reintegro dunhas ideas que deben ser destiladas cun sentido novo.

23 Outubro 2026 - 7 Febreiro 2027
Soto
Comisariado:
Santiago Olmo

Esta mostra reúne o proxecto realizado por Manolo Laguillo (Madrid, 1953) entre 2025 e 2026 a partir dunha encarga do CGAC para a súa incorporación á colección. O traballo documenta o impacto dos elementos construtivos urbanos, así como dos procesos industriais e económicos, na transformación da paisaxe galega.