Consello asesor
Desde a súa creación, en 2018, o Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea é o órgano colexiado de consulta e asesoramento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude nos asuntos relacionados coas competencias do CGAC.
Está constituído por profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos da creación cultural e a arte contemporánea.
Actualmente as persoas integrantes do Consello Asesor son:
PRESIDENTE
José López Campos
VICEPRESIDENTE
Anxo M. Lorenzo Suárez
VOGAIS
Celestino García Braña
Xosé Antón Castro Fernández
SECRETARIA
Luz Marina Álvarez Moreira
