Servizos
Auditorio

O CGAC dispón dun auditorio con capacidade para 250 persoas no que se organizan actividades paralelas á programación de exposicións. As súas características e equipamento convérteno nun espazo ideal para acoller conferencias, seminarios, mesas redondas, cursos, concertos, cine e accións artísticas diversas.
Localización
Planta baixa, acceso a través dunha rampla desde o vestíbulo do CGAC
Capacidade
250 persoas
Contacto
(+34) 981 546 629
Cafetaría

Situada na planta baixa do CGAC, a cafetaría ofrece un espazo perfecto para descansar e coller folgos saboreando un café, unha infusión ou un refresco, acompañado de algo para petiscar.
O seu ambiente moderno e relaxado convértena nun punto de encontro afastado do bulicio da cidade. A través das súas amplas ventás pódese gozar da contorna monumental do convento de San Domingos de Bonaval, cos seus xardíns e as súas fontes. Dispón dunha terraza exterior con vistas ao parque.
Web
Horario
De mércores a venres,
de 11 a 14 h e de 17 a 20 h
Sábados e domingos, de 11 a 20 h
Contacto
(+34) 981 546 624
(+34) 666 250 273
Libraría

Desde 2002, a libraría do museo funciona como un punto de venda independente xestionado pola Asociación de Amigos do Centro Galego de Arte Contemporánea e situado na planta baixa do edificio. Especializada en arte contemporánea, arquitectura, moda, fotografía e deseño, dispón dun fondo permanentemente actualizado que, ademais das publicacións do CGAC, inclúe unha ampla selección de catálogos de arte, libros infantís, edicións especiais e libros de artista.
Horario
De martes a sábado,
de 12 a 14 h e de 17 a 20 h
Contacto
cgac.libreria@xunta.gal
(+34) 981 546 637
