A mediados dos anos noventa, un novo Misha Bies Golas (Lalín, Pontevedra, 1977) descobre o CGAC desde unha sorte de pulsión e curiosidade pola institución que acababa de ser fundada en Santiago de Compostela. Trinta anos despois, o artista regresa cun proxecto que condensa máis de dúas décadas de investigación ao redor das vangardas históricas , entendidas como un campo de tensións, desprazamentos e procesos inacabados.
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
Lluís Hortalà (Olot, Xirona, 1959) xoga co engano e a confusión da mirada, mergullándose na arte do trompe l’oeil. Centrándose coidadosamente no detalle, incide nunha pintura realista ata o extremo, que é mimética coas texturas e os brillos, capaz de reproducir visualmente o tacto e, ás veces, a temperatura fría das pedras. Nesta pintura parece que non hai nada máis ca técnica; iso si, impecable.
O CGAC, que é o primeiro museo proxectado por Álvaro Siza Vieira, abordou a arquitectura desde múltiples perspectivas no seu programa de actividades e exposicións, a miúdo a través da mirada dos e das artistas que colaboraron co centro desde a súa apertura en 1993.
Unha foto. Dúas. Trinta e tres. Duascentas vinte e catro. Van chegando de todos os lugares. Ábrense as portas das casas, as tapas das caixas de galletas, os álbums familiares.
Territorio é a primeira mostra monográfica sobre videoarte e videoperformance de Centroamérica que se realiza en España. O desenvolvemento deste xénero na rexión foi impulsado por pioneiros como Manuel Zumbado ou Sandra Monterroso e consolidouse a finais dos noventa do século XX e principios do XXI, especialmente en Guatemala, con artistas de performance como Regina José Galindo e Aníbal López.
Nicasso é unha obra de Carlos Pazos (Barcelona, 1949) realizada en 2006 e adquirida pouco despois polo CGAC para integrarse na mostra A sombra da historia, unha exposición centrada nos arquivos e coleccións persoais ou secretas de distintos artistas. A peza funciona como unha mirada crítica e irónica sobre as diferentes lecturas e interpretacións populares da obra e da figura de Picasso.
A tecnoloxía non só transformou as prácticas artísticas; tamén contribuíu a moldear e a enriquecer a nosa maneira de percibir e comprender o mundo, incorporando un principio positivo e dinámico: a incerteza, que opera ao mesmo tempo como límite e como resorte crítico.
A obra de Priscilla Monge foi frecuentemente incluída na escena posconceptual latinoamericana dos noventa, pero hai que ter en conta que neses anos nin Costa Rica nin a rexión centroamericana á que pertence figuraban nos mapas da arte latinoamericana recoñecida internacionalmente.
Entre outubro de 2022 e febreiro de 2023 tivo lugar no CGAC Vidas, unha exposición individual do artista e cineasta Claudio Zulian. A mostra tivo como corolario un taller de artista, concibido como un espazo de reflexión, experiencia e creación sobre o tecido urbano e as comunidades que o habitan. Ao estar o CGAC situado no barrio de San Pedro, parecía lóxica a elección desta veciñanza como obxecto ou, polo menos, como espazo de traballo do…
Paxinación
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Seguinte › Páxina Seguinte
- Último » Last page
