Aínda que nos últimos anos as noticias televisivas e o periodismo catapultaron á primeira plana o fluxo de refuxiados como un problema, a historia do século XX está atravesada polo drama de conflitos e millóns de persoas desprazadas, exiliadas, expatriadas e refuxiadas.
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
O proxecto 20 Red Lights é un ensaio político, que desvela as implicacións da financialización dixital da economía e a súa relación coa radicalización da axenda neoliberal, un tema de suma importancia no contexto da nosa cultura global que merece unha reflexión rigorosa desde a arte.
Colectiva dun colectivo é o resultado do proxecto Na varanda, un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela. A cidadanía eríxese así nun axente máis dos procesos culturais da súa contorna creando contidos que xa forman parte da programación CGAC.
A obra de René Heyvaert (Gante, 1929 - Scheldewindeke, 1984) é sobria, sinxela e á vez extraordinariamente complexa, ligada tanto ás vangardas históricas como ás súas propias circunstancias vitais. Reflicte a mirada dun artista experimental que tentou buscar, ao clima que deixou a posguerra mundial, unha saída humana na que arte e vida se reconcilian propiciando una certa idea visionaria dunha utopía humilde.
Angela de la Cruz (A Coruña, 1965) leva dúas décadas experimentando coa linguaxe da pintura. A artista tentou redefinir os termos e os límites do medio desde que comezou, centrándose na pintura como obxecto e en termos do que ela pode representar. Como ela mesma dixo, “é unha escultura que utiliza a linguaxe da pintura e viceversa. É unha pintura e unha escultura”.
O impulso creativo de Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) aparece tras a linguaxe e ten lugar na acción como lugar privilexiado desde o que explorar as densas relacións da performance coa súa propia historicidade, co seu presente.
Con motivo do ciclo Mirada país, que acollen o CGAI (A Coruña) e o CGAC (Santiago de Compostela) entre o 6 de novembro e o 20 de decembro, o museo presenta, en formato exposición, unha selección de pezas pertencentes á súa colección, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos, que completan as películas proxectadas nas sesións.
O traballo de Julião Sarmento (Lisboa, 1948) formalízase desde o fronteirizo. Moitas das súas obras conteñen imaxes de imaxes e están relacionadas entre si, aínda que funcionen de maneira independente, abrazando a ambigüidade do seu significado. Trátase de microrrelatos que asumen a múltiple potencialidade do cine, entre o expreso e o secreto, entre o persoal e o estraño.
Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970) articulándoo arredor da serie Campos de batalla: un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente mostrado ao público ao completo por primeira vez.
