Exposicións

22 Abril 2016 - 28 Xuño 2016
Comisariado:
Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre
Artistas:
Jorge Barbi, Carme Nogueira, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente e María Ruido

Entre o despuntar de Atlántica e o xurdir da Facultade de Belas Artes de Pontevedra desenvólvese en Galicia o traballo dunha importante nómina de artistas de moi diferente procedencia académica e cos máis diversos horizontes estéticos e conceptuais.

15 Abril 2016 - 19 Xuño 2016
Comisariado:
Rocío de la Villa
Artistas:
Marisa González

Rexistros domesticados é un proxecto que pretende mostrar a unidade de fondo nas motivacións temáticas, técnicas e formais, ao longo de corenta e cinto anos de traxectoria da artista. Organizada pola Subdirección Xeral de Promoción de Belas Artes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a exposición foi presentada no espazo Tabacalera Promoción del Arte en Madrid a comezos de 2015.

31 Marzo 2016 - 12 Xuño 2016
Comisariado:
Santiago Olmo
Artistas:
Antoni Socías

A exposición Teoría e práctica do deserto, expón un percorrido polos procesos que atravesan o traballo de Antoni Socias, vinculando desde a fricción fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo.

12 Novembro 2015 - 13 Novembro 2015
Comisariado:
Alejandro Castellote
Artistas:
Luis González Palma

O universo de Luis González Palma (Guatemala, 1957) está formado por constelacións temáticas que orbitan ao redor da súa obra nun ciclo de permanente ida e retorno. A identidade e a memoria —eixos das súas primeiras series fotográficas— son abordados desde o retrato con persistentes ecos á pintura relixiosa, ao barroco e ao prerrafaelismo.

29 Outubro 2015 - 28 Febreiro 2016
Comisariado:
Santiago Olmo
Artistas:
Javier Vallhonrat

Este proxecto, que trala súa presentación no Museo Universidad de Navarra chega agora ao CGAC, constitúe o máis recente conxunto de traballos do artista Javier Vallhonrat. Baixo o título Interaccións, reúne un total de 52 fotografías, sete vídeos e unha videoinstalación estruturados en cinco seccións —42ºN, Deriva estándar, Fricción límite, Rexistro da marxe e Eolionimia—, que ocupan a planta baixa e a primeira planta do centro.

18 Setembro 2015 - 1 Novembro 2015
Comisariado:
Rafael Levenfeld e Valentín Vallhonrat
Artistas:
Antoni Arissa

Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936 é unha mostra de fotografías da Colección Telefónica dedicada ao catalán Antoni Arissa (Sant Andreu, 1900 - Barcelona, 1980). A exposición é o resultado do traballo de recuperación de arquivos fotográficos que Fundación Telefónica vén realizando desde hai anos, como o Archivo Fotográfico de Telefónica, Marín, Brangulí ou Virxilio Viéitez.

17 Xullo 2015 - 18 Outubro 2015

A reflexión entendida como un acto de meditación ou como un efecto óptico que en ocasións cambia a realidade —a deforma, incluso— conducindo o pensamento por camiños tortuosos ou, pola contra, mostrándonos novos puntos de vista.

24 Abril 2015 - 30 Agosto 2015

A obra de José Val del Omar (Granada, 1904 -Madrid, 1982) é o resultado das súas facetas de inventor, poeta visual e cinemista. Con este neoloxismo Val del Omar quixo unir a actividade do alquimista e a do cineasta e definir deste xeito a súa orixinal aproximación ao cinema: a través da investigación tecnolóxica e dunha estética experimental propia.

19 Marzo 2015 - 27 Setembro 2015

Tectónica non é unha exposición máis de Manuel Vilariño. O que aquí se propón é unha prospección no universo creativo e poético deste autor, pero cunha perspectiva que nos permita aproximarnos á súa obra dende un ángulo ou unha visión inédita.