Observar, recompilar, indexar, coñecer, recrear. Nunha obra marcada por xestos silenciosos, Fernando Casás (Gondomar, Pontevedra, 1946) mantén unha relación de curiosidade permanente coa natureza. Os vestixios do paso do tempo, os estados e formas entrópicas en permanente mutación, atopadas na profundidade da selva tropical ou na exuberante paisaxe galega, determinan unha traxectoria creativa de máis de corenta anos. Entre Brasil, onde…
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos é unha exposición concibida pola Fundación Eugenio Granell para o Centro Galego de Arte Contemporánea con ocasión do centenario do nacemento do artista. A mostra, centrada na súa faceta de cineasta, forma parte dun proxecto no que participan varias institucións da cidade de Santiago e que ofrece unha visión máis ampla das diferentes vertentes do traballo deste creador multidisciplinar…
Gravity & Disgrace Ep. II pon en diálogo obras que non pretenden ilustrar un propósito narrativo concreto, senón máis ben enriquecer o contexto inicial da mostra, facéndoo simultaneamente máis denso e expandido. A concentración destes obxectos no Dobre Espazo do CGAC obriga a unha lectura interdependente máis evidente do normal. Sendo este un designio curatorial consciente, importa aquí entender que da autonomía de cada un destes obxectos…
“O accidente é parte da performance”. “Cando o concepto está espido e toda a xente o pode ver, a idea ten que ser boa”. “Cando todo está controlado pola institución xa non hai liberdade”. “Non fago arte para o outro, fago arte para min”. “A arte é o único espazo de liberdade”... Estas frases de Esther Ferrer, recompiladas durante anos de conversas, preséntannos unha artista radical, independente, anti-exposición, libre e con ideas propias.…
Parafraseando o título da exposición Gravity & Grace. The Changing Condition of Sculpture 1965-1975, que tivo lugar en Londres en 1993, Gravity and Disgrace Ep. 1 parte do principio de inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a contemporaneidade para suxerir unha reflexión sobre as instancias creativas que representan un mundo en mutación vertixinosa. Así, as obras que se presentan neste primeiro episodio dun evento que se…
La bandera en la cima é primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda. Ademais das catorce pinturas finais, La bandera en la cima tamén recolle,…
De la generosidad inscríbese nun ciclo de exposicións que, ao longo dos últimos anos, se veñen organizando a partir da colección da Fundación Helga de Alvear. Nesta ocasión, o CGAC acolle unha selección de obras deste singular acervo baixo o comisariado do seu director Miguel von Hafe Pérez.
O Centro Torrente Ballester de Ferrol acollerá dúas exposicións realizadas con fondos da Colección permanente do CGAC: Miradas cinematográficas. Colección CGAC e Pouco antes da tormenta cómpre un pouco de humor Organizadas conxuntamente polo Centro Galego de Arte Contemporánea e o Centro Torrente Ballester e concibidas pola comisaria e crítica de arte Mónica Maneiro, ambas as mostras que exploran a influencia do cinema noutros ámbitos da…
En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela), o CGAC presenta unha exposición na Igrexa da Compañía cunha serie de obras da Colección Fundación ARCO, Colección IFEMA e Colección permanente CGAC. A obra Mystique de Carles Congost abre esta exposición que pretende dialogar coa igrexa, a través dunha serie de obras de arte contemporánea que nos levan a ese concepto tanto relixioso como filosófico e literario que é o místico:…
