FERNANDO CASÁS. O AGORA XA FOI E O DENANTES SERÁ

26 Outubro 2012 - 17 Febreiro 2013
Comisariado:
Miguel von Hafe Pérez
Artistas:
Fernando Casás

Observar, recompilar, indexar, coñecer, recrear. Nunha obra marcada por xestos silenciosos, Fernando Casás (Gondomar, Pontevedra, 1946) mantén unha relación de curiosidade permanente coa natureza. Os vestixios do paso do tempo, os estados e formas entrópicas en permanente mutación, atopadas na profundidade da selva tropical ou na exuberante paisaxe galega, determinan unha traxectoria creativa de máis de corenta anos. Entre Brasil, onde iniciou a súa práctica artística, e a súa Galicia natal, esta exposición antolóxica dá visibilidade a unha obra cunha determinación especulativa e conceptual singular, que tanto se pode materializar en procesos pictóricos ou escultóricos, como en accións efémeras e intervencións específicas, como será o caso das obras inéditas creadas para as salas do CGAC.

Folleto da exposición