Exposicións

22 Maio 2026 - 6 Setembro 2026
Planta baixa [22 maio - 6 setembro] e Dobre Espazo [12 xuño - 6 setembro]
Comisariado:
Juan de Nieves

A mediados dos anos noventa, un novo Misha Bies Golas (Lalín, Pontevedra, 1977) descobre o CGAC desde unha sorte de pulsión e curiosidade pola institución que acababa de ser fundada en Santiago de Compostela. Trinta anos despois, o artista regresa cun proxecto que condensa máis de dúas décadas de investigación ao redor das vangardas históricas , entendidas como un campo de tensións, desprazamentos e procesos inacabados.

13 Marzo 2026 - 27 Setembro 2026
Soto
Comisariado:
Piedad Solans

A artista alemá residente en Berlín, Alexandra Ranner (Osterhofen, 1967), presenta no CGAC a súa primeira exposición individual nun museo español. A partir dunha selección de traballos procedentes de medios diversos como a fotografía, a escultura, a instalación ou o vídeo, a mostra realiza un percorrido pola súa traxectoria como artista desde o ano 2003 ata a actualidade.

27 Febreiro 2026 - 31 Maio 2026
Primeira planta e Dobre Espazo
Comisariado:
Santiago Olmo

Lluís Hortalà (Olot, Xirona, 1959) xoga co engano e a confusión da mirada, mergullándose na arte do trompe l’oeil. Centrándose coidadosamente no detalle, incide nunha pintura realista ata o extremo, que é mimética coas texturas e os brillos, capaz de reproducir visualmente o tacto e, ás veces, a temperatura fría das pedras. Nesta pintura parece que non hai nada máis ca técnica; iso si, impecable.

6 Febreiro 2026 - 3 Maio 2026
Hall e planta baixa
Comisariado:
Roi Salgueiro, Manuel Bouzas

O CGAC, que é o primeiro museo proxectado por Álvaro Siza Vieira, abordou a arquitectura desde múltiples perspectivas no seu programa de actividades e exposicións, a miúdo a través da mirada dos e das artistas que colaboraron co centro desde a súa apertura en 1993. É, polo tanto, un lugar propicio para acoller a primeira itinerancia de Internalities.

12 Decembro 2025 - 14 Xaneiro 2026
Hall
Comisariado:
La Querencia

Unha foto. Dúas. Trinta e tres. Duascentas vinte e catro. Van chegando de todos os lugares. Ábrense as portas das casas, as tapas das caixas de galletas, os álbums familiares. Pasámolas de man en man. Imos de foto en foto e de historia en historia. Algunhas delas son luminosas, outras non encaixan, unhas poucas estaban agochadas ou esquecidas.

16 Outubro 2025 - 18 Xaneiro 2026
Planta baixa
Comisariado:
Rossina Cazali, Santiago Olmo
Artistas:
Patricia Belli, Edgar Calel, Benvenuto Chavajay, Manuel Chavajay, Donna Conlon, María Adela Díaz, Elyla, Regina José Galindo, Jorge de León, MACÚ, Sandra Monterroso, Antonio Pichillá, Naufus Ramírez-Figueroa, Abigail Reyes, Karla Solano, Adán Vallecillo

Territorio é a primeira mostra monográfica sobre videoarte e videoperformance de Centroamérica que se realiza en España. O desenvolvemento deste xénero na rexión foi impulsado por pioneiros como Manuel Zumbado ou Sandra Monterroso e consolidouse a finais dos noventa do século XX e principios do XXI.

10 Outubro 2025 - 8 Febreiro 2026
Dobre Espazo
Comisariado:
Santiago Olmo

Nicasso é unha obra de Carlos Pazos (Barcelona, 1949) realizada en 2006 e adquirida pouco despois polo CGAC para integrarse na mostra A sombra da historia, unha exposición centrada nos arquivos e coleccións persoais ou secretas de distintos artistas. A peza funciona como unha mirada crítica e irónica sobre as diferentes lecturas e interpretacións populares da obra e da figura de Picasso.

26 Setembro 2025 - 8 Febreiro 2026
Primeira planta
Comisariado:
Santiago Olmo
Artistas:
Jaione Camborda, Max de Esteban, Joan Fontcuberta

A tecnoloxía non só transformou as prácticas artísticas; tamén contribuíu a moldear e a enriquecer a nosa maneira de percibir e comprender o mundo, incorporando un principio positivo e dinámico: a incerteza, que opera ao mesmo tempo como límite e como resorte crítico.

13 Xuño 2025 - 5 Outubro 2025
Soto
Comisariado:
Santiago Olmo

A obra de Priscilla Monge foi frecuentemente incluída na escena posconceptual latinoamericana dos noventa, pero hai que ter en conta que neses anos nin Costa Rica nin a rexión centroamericana á que pertence figuraban nos mapas da arte latinoamericana recoñecida internacionalmente.