Exposicións

27 Setembro 2018 - 25 Novembro 2018
Comisariado:
Santiago Olmo

A construción do edificio do CGAC realizouse en diálogo coa transformación da antiga horta do convento de San Domingos de Bonaval nun parque a través da colaboración de Álvaro Siza Vieira e a paisaxista galega Isabel Aguirre. A modo de celebración desta transformación urbana da cidade de Santiago, Javier Riera (Avilés, Asturias, 1965) concibiu un breve paseo polo parque de Bonaval á noitiña.

20 Xullo 2018 - 7 Outubro 2018

Nicolás Combarro (A Coruña, 1979) pertence a unha nova tipoloxía de artista que traballa coa fotografía. Na súa obra, centrada na arquitectura e na idea de construción, conviven, retroalimentándose, a práctica da documentación e a intervención, entendida esta última como acción no espazo e na paisaxe.

6 Xullo 2018 - 28 Outubro 2018
Comisariado:
Santiago Olmo
Artistas:
Lara Almarcegui, Marlon de Azambuja, Pablo Barreiro, Carlos Bunga, Rosendo Cid, Björn Dahlem, Tamara Feijoo, María Luisa Fernández, Fernanda Fragateiro, Juan Gopar, Hisae Ikenaga, Kiko Pérez, Tobias Rehberger, Jessica Stockholder, Héctor Zamora

As estreitas relacións entre arte e arquitectura ao longo do século XX converteron a idea de construción nunha clave imprescindible para comprender a nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa, pero sobre todo coa vivencia práctica do obxecto artístico. O propio acto creativo xorde do que podemos definir como un impulso construtivo.

1 Xuño 2018 - 30 Setembro 2018
Comisariado:
Santiago Olmo
Artistas:
Varios

En 2018, ano en que se celebra o 25.º aniversario da inauguración do edificio do CGAC, a súa colección, que arranca en 1995 froito da conxunción de novas adquisicións con depósitos pertencentes á Xunta de Galicia, preséntase como o poderoso eixe vertebrador dun proxecto artístico e cultural integral para Galicia.

23 Marzo 2018 - 1 Xullo 2018
Comisariado:
Claudia Gioia
Artistas:
Carlos Garaicoa

Carlos Garaicoa (La Habana, 1967) observa a cidade, as arquitecturas e os soños latentes, os xa abandonados e os aínda realizables; le os seus argumentos, agravios e recordos imborrables, logo, con creatividade incansable, traza outras perspectivas, enxerta pretérito e futuro, debuxa novas liñas de fuga e busca o común e a multitude como suxeitos dun incesante transformarse noutra cousa.

17 Febreiro 2018 - 17 Xuño 2018
Comisariado:
Alicia Chillida
Artistas:
Antoni Muntadas

Antoni Muntadas (Barcelona, 1942), figura de referencia da arte internacional, constrúe un discurso transdisciplinar centrado na crítica dos medios de comunicación; sitúa a función extensiva da arte na interacción coas ciencias sociais, os medios de masas e as novas tecnoloxías da información para desvelar os mecanismos lingüísticos do poder.

25 Novembro 2017 - 4 Febreiro 2018

Co texto clásico de Gustave Flaubert como punto de partida, esta instalación multipantalla de Mieke Bal e Michele Williams Gamaker, na que se reflicten os lazos que ligan o capitalismo e o amor romántico, é unha revisión da famosa novela do século XIX e foi gravada en Åland, Finlandia, durante o verán de 2012, e en París, Francia, no inverno do 2013.

10 Novembro 2017 - 15 Maio 2018

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Julio Cortázar, 62/Modelo para armar, trátase a colección como un modelo por construír, como unha tarefa imprescindible pero pendente, e sempre en proceso, para un museo. A mostra propón e contrapón tentativamente varios modelos de enfoque narrativo e histórico, entre a colisión e o diálogo, en forma dunha aproximación crítica.

11 Outubro 2017 - 25 Febreiro 2018

Eduardo Batarda (Coímbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e Mise en abyme a súa primeira exposición individual en España. Coñecido polas súas pinturas e acuarelas, o seu traballo viuse influenciado nos seus comezos polo pop inglés, o cómic e a ilustración, entre a figuración e a abstracción.