Exposicións

8 Outubro 2021 - 23 Xaneiro 2022
Primeira planta
Comisariado:
Santiago Olmo y Alberto Carton
Artistas:
Marina Abramovic y Ulay, Jorge Barbi, Alberto Carneiro, Fernando Casás, Carma Casulá, Regina José Galindo, Irene Grau, Ignacio Pérez-Jofre, Andrés Pinal, Jaume Pinya, José Luis Seara, Javier Vallhonrat

Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas. Camiños pon en diálogo unha serie de artistas e proxectos que historicamente marcaron as formas de visualizar o camiñar e a evolución da idea de camiño. 

1 Outubro 2021 - 9 Xaneiro 2022
EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO CGAC NO MUSEO DO MAR DE GALICIA (Av. Atlántida, 160. 36208 Vigo)
Comisariado:
Sara Donoso
Artistas:
Carla Andrade, Berta Cáccamo, Eva Díez, Christian García Bello, Xurxo Gómez Chao, Vítor Mejuto, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Pamen Pereira, Andrés Pinal

Pingas rompentes forma parte do proxecto Unha mirada a Galicia, que se asoma á creación galega contemporánea a través da Colección CGAC. Nesta ocasión, propoñemos unha selección específica de obras para o contexto do Museo do Mar de Galicia.

23 Xullo 2021 - 3 Outubro 2021
Hall, auditorio, soto e Dobre Espazo
Comisariado:
Pedro de Llano Neira
Artistas:
David Lamelas

David Lamelas (Bos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para se adaptar a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.

12 Xuño 2021 - 26 Setembro 2021
Primeira planta
Comisariado:
Alberto Carton, Santiago Olmo
Artistas:
Richard Long, David NaSiah Armajani, Gabriel Díaz, Roland Fischer, Hamish Fulton, Christian García Bello, Per Kirkebsh, Manolo Paz, Rubén Ramos Balsa, Humberto Rivas, Ulrich Rückriem, Beat Streuli, Jesús Madriñán, Roman Signer, Montserrat Soto, Guido van der Werve, Sophie Whettnall, Peter Wüthrich

Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas.

3 Xuño 2021 - 26 Setembro 2021
Planta baixa
Comisariado:
Comisario/a: Santiago Olmo, Adolfo Sotelo, con la participación de Covadonga Rodríguez
Artistas:
Camilo José Cela, Carles Fontseré

O CGAC adquiriu en 2017 o arquivo fotográfico de Camilo José Cela, que ata ese momento estaba depositado na Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, en Padrón. Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías e negativos que foron utilizados polo escritor para proxectos literarios e libros.

26 Marzo 2021 - 6 Xuño 2021
Hall e Espazo de Proxectos
Comisariado:
Performa S. Coop. Galega (David Barro, Mónica Maneiro, Iñaki M. Antelo)

Accións peregrinas é o título da exposición que a artista andaluza Pilar Albarracín (Sevilla, 1968) presenta no CGAC. Esta mostra de carácter introspectivo intégrase dentro da programación da segunda edición de Plataforma. Festival de artes performativas que tamén contará este ano coa presenza da artista coma unha das performers invitadas.

25 Febreiro 2021 - 13 Xuño 2021
Soto
Comisariado:
Santiago Olmo, Fernando Gómez de la Cuesta
Artistas:
Ana Laura Aláez, Manal Al Dowayan, Ghada Amer, Zoulikha Bouabdellah, Kimsooja, Claudia Peña Salinas, Marinella Senatore, María María Acha-Kutscher

O poder das imaxes, dos símbolos, da icona, pero tamén a representación política da historia, as súas manipulacións e omisións, son cuestións sobre as que se reflexionou de forma abundante desde a propia teoría e a historia da arte.

25 Febreiro 2021 - 13 Xuño 2021
Dobre Espazo, auditorio e vestíbulo do auditorio
Comisariado:
Álvaro Rodríguez Fominaya

O CGAC, en colaboración co C3A de Córdoba, presentará en 2021 a primeira mostra retrospectiva da compositora estadounidense Pauline Oliveros (Houston, Texas, 1932-­‐2016). A mostra inclúe unha selección de documentos inéditos, fotografías, gravacións e audiovisuais mediante os cales se percorre a traxectoria creativa desta compositora. 

29 Xaneiro 2021 - 23 Maio 2021
Planta baixa e primeira planta
Comisariado:
Ángel Cerviño
Artistas:
Erik Balbuena, Vicente Blanco, Teresa Búa, Mónica Cabo, Rosendo Cid, Salvador Cidrás, Marcos Covelo, Victoria Diehl, Manuel Eirís, Suso Fandiño, Almudena Fernández Fariña, David Fidalgo Omil, Basilisa Fiestras, Amaya González Reyes, Julia Huete, Marta Lorenzo, Rut Massó, Manuel Mata, Nano 4814, Álvaro Negro, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Jorge Perianes, Mar Ramón, Rubén Ramos Balsa, Juan Rivas, Borja Santomé, Sandra Varela, Mar Vicente, Verónica Vicente

Coincidindo co 30.º aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), a mostra pretende amosar unha selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que pasou polas súas aulas ao longo do xa superado cuarto de século de actividade.