Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais.
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
O título Wonder Women fai referencia a unha obra da artista norteamericana Dara Birnbaum que se inspira pola súa vez nunha superheroína concibida orixinalmente para os cómics, a cal chegaría a protagonizar unha serie de televisión de grande éxito nos anos setenta.
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade.
Man foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente apartado do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que lle deron forma ao seu museo.
Crebas é un termo propio do léxico da Costa da Morte, que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, a consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, a exposición mostra unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019, que sintetizan a esencia da obra de Torres.
Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías.
O proxecto expositivo WORK (always) IN PROGRESS formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (Lisboa, 1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens ou Floresta nun arco temporal que percorre tres décadas.
Christian Villamide (Lugo, 1966) reflexiona nesta mostra acerca desa distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia coa que sometemos a natureza.
Desde o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano. Céntrase nos vestixios arquitectónicos do século XX e nas promesas da arte e do cine como instrumentos de emancipación crítica para pensar e poñer en práctica renovadas utopías.
