Carrusel de imaxes de exposición

Manual de uso
La Ribot
Manual de uso
Manual de uso
Manual de uso
Manual de uso
Manual de uso
Manual de uso
Manual de uso
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8

LA RIBOT. MANUAL DE USO

18 Setembro 2020 - 14 Febreiro 2021
Espazo de Proxectos e auditorio
Comisariado:
Iñaki Martínez Antelo

Aviso: Por motivos relacionados coa pandemia de COVID-19, a artista La Ribot viuse obrigada a adiar ate novo aviso a súa performance da Pièce distinguée n.° 45, que inicialmente estaba prevista para o 18 de setembro ás 19:00 horas no vestíbulo do CGAC.

Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será tratada neste proxecto no CGAC, no que poderemos ver en directo a Pièce distinguée n.º 45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías.

Desde principios dos noventa comeza a traballar na construción dunha obra distinta na que empeza a desenvolver as Pezas distinguidas: solos de curta duración que iría acumulando en series/espectáculos desde 1993 e que xogan cos límites entre disciplinas artísticas. Algúns destes traballos chegaron mesmo a ser adquiridos por coleccionistas, expondo cuestións sobre o efémero, o inmaterial e o mercado da arte.

As súas coreografías teñen unha duración que vai desde apenas trinta segundos ata as seis horas de Laughing Hole, unha performance que, tras a súa estrea na feira Art Basel en 2006, puido verse en Galicia no MARCO de Vigo e continúa representándose por todo o mundo, como moitas outras das súas creacións.

O traballo de La Ribot está estruturado mediante un sistema que lle permite investigar, expandir e cuestionar os límites espaciais e temporais da danza e deixar atrás as fronteiras entre público e artista, recoñecendo tamén a figura dos técnicos e dos figurantes.

A exposición de La Ribot está dentro da primeira edición de Plataforma, Festival de Artes Performativas, un proxecto desenvolvido por Performa S. Coop. Galega.