MUSEO (DO ERMITÁN) MAN
O 16 de novembro de 2002, a marea negra do Prestige chegou ao seu xardín e destruíuno por completo. Pouco despois, o 28 de decembro de 2002, ao ver a súa obra vital arrasada, faleceu. Anos despois, ao acceder ao interior da súa casa para recuperar os seus bens, púidose comprobar a verdadeira magnitude creativa do artista.
O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfico, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coruña). Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.
Vídeo presentación: Carmen Hermo, Andrea Serodio, Joan Mallarach, os arquitectos Creus e Carrasco e Santiago Olmo