Exposicións

10 Xuño 2022 - 2 Outubro 2022
Planta baixa, Dobre Espazo
Comisariado:
Cooperativa Performa (David Barro, Mónica Maneiro, Iñaki Martínez Antelo)
Artistas:
Rosana Antolí, Berio Molina, Marta Pazos

O museo como escenario reivindica o papel das arquitecturas de exhibición artística como lugares para a experimentación e nos que poder situarse entre a proximidade da performance, a capacidade inmersiva das propostas escénicas, as instalacións, o happening e a sonoridade de vangarda.

3 Xuño 2022 - 16 Outubro 2022
Hall e primeira planta
Comisariado:
Natalia Poncela

Nalgures sitúanos nunha indeterminación que está por definir, no interior dunhas xeografías fragmentarias: lugares, vestixios, modos de ocupación. Narelle Jubelin (Sidney, 1960) detense nas memorias duns espazos, duns referentes obxectuais e literarios concretos dentro do contexto galego que vincula con outras cartografías e con referencias á súa propia biografía e á súa traxectoria artística.

11 Marzo 2022 - 29 Maio 2022
Planta baixa
Comisariado:
Agustín Pérez Rubio

Esta mostra preséntase como un exercicio decolonial para a nosa mirada, a través de diversos xéneros da pintura, entendidos como mecanismos de domesticación e perpetuación da colonialidade, e funciona xunto a colaboracións e obras doutros artistas.

4 Marzo 2022 - 3 Xullo 2022
Soto
Comisariado:
Sara Donoso, Santiago Olmo
Artistas:
Pablo Barreiro, Jacobo Bugarín, Salvador e Juan Cidrás, Andrea Costas, Angela de la Cruz, Eva Díez, Patricia Dopico, Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Juan López, Loreto Martínez Troncoso, Chelo Matesanz, Vítor Mejuto, Antonio Murado, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Ana Pérez Ventura, Isaac Pérez Vicente, Montse Rego, Rodríguez-Méndez, Xavier Toubes, Mauro Trastoy, Damián Ucieda

Despois de pasar polo Museo do Mar de Vigo e polo Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, esta exposición preséntase a modo de colofón dun proxecto que nas súas primeiras propostas permitiu un achegamento á colección do museo noutros espazos expositivos, ampliando así o seu impacto no noso territorio.

11 Febreiro 2022 - 17 Maio 2022
Hall, Dobre Espazo, primeira planta
Comisariado:
Mónica Maneiro

Nesta exposición Suso Fandiño proponnos unha serie de percorridos e enlaces pouco habituais, debuxando un espazo museístico no que as obras conectan entre si creando relacións punzantes. Trátase ante todo de activar no espectador a necesidade de buscar significados ocultos, utilizando a obra artística como medio dende o que reflexionar sobre o social a partir da descomposición e reorganización dos produtos da sociedade de consumo.

5 Novembro 2021 - 16 Xaneiro 2022
Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense
Comisariado:
Sara Donoso Calvo
Artistas:
Pablo Barreiro, Andrea Costas, Tamara Feijoo, Amaya González Reyes, Menchu Lamas, Juan López, Loreto Martínez Troncoso, Ana Pérez Ventura, Isaac Pérez Vicente, Carlos Rodríguez-Méndez, Mauro Trastoy, Christian Villamide.

Néboas de luz é a segunda exposición do proxecto Unha mirada a Galicia, que invita a percorrer a nosa historia da arte máis recente a través do traballo de artistas cuxas obras se foron incorporando á Colección CGAC nas dúas últimas décadas.

30 Outubro 2021 - 20 Febreiro 2022
Planta baixa e soto
Comisariado:
Pep Benlloch

Nesta exposición móstranse, xunto ás obras do proxecto realizado expresamente, unha selección de imaxes procedentes doutros proxectos desenvolvidos en España, unha serie de proxectos internacionais e por primeira vez todo o conxunto de obra seriada producido por Hamish Fulton ao longo da súa traxectoria artística.

22 Outubro 2021 - 23 Xaneiro 2022
Dobre Espazo
Comisariado:
Zara Fernández de Moya

A exposición Por unha bioloxía da imaxe presenta dúas series sucesivas de Clara Carvajal: Dioses de la frontera e Argucia. Ambas as dúas inscríbense na súa primeira aproximación á bioloxía da imaxe, concepto plenamente innovador co cal a artista se interroga sobre a capacidade de transformación da imaxe que se actualiza en cada novo medio.

14 Outubro 2021 - 30 Xaneiro 2022
Hall, antesala do auditorio e Espazo de Proxectos
Comisariado:
Uqui Permui (DAG), Ángel Martínez (ADCV), Gloria Escribano (DIMAD), Juan Lázaro (Cuenca Diseño)
Artistas:
Varios

From Spain With Design (FSWD) é un proxecto de READ, Red Española de Asociaciones de Diseño, concibido de forma colaborativa como unha ferramenta para a proxección do deseño español a nivel nacional e internacional.