Carrusel de imaxes de exposición

Por unha bioloxía da imaxe
Clara Carvajal-68.jpg
Clara Carvajal-67.jpg
Clara Carvajal-58.jpg
Clara Carvajal-42.jpg
Clara Carvajal-41.jpg
Clara Carvajal-40.jpg
Clara Carvajal-25.jpg
Clara Carvajal-21.jpg
Clara Carvajal-15.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9

CLARA CARVAJAL. POR UNHA BIOLOXÍA DA IMAXE

22 Outubro 2021 - 23 Xaneiro 2022
Dobre Espazo
Comisariado:
Zara Fernández de Moya
Artistas:
Clara Carvajal

A exposición Por unha bioloxía da imaxe presenta dúas series sucesivas de Clara Carvajal: Dioses de la frontera e Argucia. Ambas as dúas inscríbense na súa primeira aproximación á bioloxía da imaxe, concepto plenamente innovador co cal a artista se interroga sobre a capacidade de transformación da imaxe que, sen deixar de ser fiel a si mesma, se actualiza en cada novo medio e, grazas a este percorrido, se engrandece e engrandécenos a mirada. Clara Carvajal indaga, mediante este concepto, na dimensión plástica e escultórica da imaxe fotográfica.

Dioses de la frontera abre camiño a unha viaxe expositiva e vital: Beirut, esas mil e unha cidades desde onde Clara Carvajal resignifica as imaxes da Arab Image Foundation, os arquivos do xornal An-Nahar e do fotógrafo Emile Boulos Divers. Dioses de la frontera trata de desentrañar as formas culturais que se mostran nas poses dos personaxes das fotografías á busca dunha cosmovisión do pobo libanés. A artista ábrenos así outros camiños de lectura e as súas madeiras talladas de memoria revélanse polisémicas a partir do arquetipo social que representan.

A imaxe transita por catro materializacións distintas: a fotografía impresa, o texto escrito (a suxestiva palabra de Teo Millán, adherida á imaxe, funciona como relato referencial de enorme carga evocadora), a talla en madeira e a súa estampaxe. Cada unha ábrese a un relato ou a multitude de relatos dunha sociedade pertencente a un país en plena construción identitaria despois da independencia do mandato francés.

Argucia supón un paso máis nesta pescuda ao incorporar a tridimensionalidade en sete caixas que funcionan como contornos abertos. Nestas pequenas esculturas, tributo ao Museo portátil de Duchamp, Clara Carvajal interrógase sobre aquilo que se desvela ao contemplarmos certas imaxes: Converxen dalgún modo? Son imaxes que apuntan a unha mesma orixe na que un sentido ideal de formas sociais é asistido por outras formas que se poderían chamar corruptas?

Con ambas as series, Clara Carvajal mergullouse nunha exploración orixinal na que a arte se converte no medio natural para se somerxer na procura das formas sociais, das formas políticas, nun xogo de espellos onde as imaxes rexorden en distintos medios para reafirmaren a súa existencia.