Carrusel de imaxes de exposición

Vía Láctea (©Andrea Costas).jpg
Pablo Barreiro (©Gal. Nordés).jpg
MATRIZ 1.jpg
Juan López 2 (©Juan López).jpg
Éclats (©Ovidio Aldegunde).jpg
@PiliProl-2719.JPG
@PiliProl-2721.JPG
@PiliProl-2725.JPG
@PiliProl-2750.JPG
@PiliProl-2762.JPG
@PiliProl-2829.JPG
@PiliProl-2801.JPG
@PiliProl-2835.JPG
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12

NÉBOAS DE LUZ. UNHA MIRADA A GALICIA. COLECCIÓN CGAC. EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO CGAC NO CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL

05 Novembro 2021 - 16 Xaneiro 2022
Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense
Comisariado:
Sara Donoso Calvo
Artistas:
Pablo Barreiro, Andrea Costas, Tamara Feijoo, Amaya González Reyes, Menchu Lamas, Juan López, Loreto Martínez Troncoso, Ana Pérez Ventura, Isaac Pérez Vicente, Carlos Rodríguez-Méndez, Mauro Trastoy, Christian Villamide.

Néboas de luz é a segunda exposición do proxecto Unha mirada a Galicia,que invita a percorrer a nosa historia da arte máis recente a través do traballo de artistas cuxas obras se foron incorporando á Colección CGAC nas dúas últimas décadas. Esta mirada, particular pero colectiva, logra entrelazar determinadas afinidades creativas sen por iso agochar as disonancias co fin de debuxar unha cartografía, repleta de dobras, desde a que asomarse aos modos de proceder, conceptualizar ou concretar a creación contemporánea galega.

Esta escolma de pezas mostra algúns dos enfoques narrativos, así como abordaxes plásticas, que foron construíndo parte da memoria visual da Galicia máis recente. Permite así un pequeno achegamento a tantas voces e sensibilidades que impulsan cos seus relatos múltiples aproximacións críticas coas que compartir cuestións de natureza social, histórica, política, identitaria ou artística instaladas no momento presente. 

Como ese grupo de estrelas que deixa un ronsel mesto, unha néboa luminiscente, nesta selección de artistas e obras tamén se producen colisións e rozamentos que, inscritos desde os máis diversos rexistros, interactúan entre si e compoñen un mapa de inclinacións temáticas, sensoriais e perceptivas. Dalgún xeito, este proxecto expositivo simboliza esa mesma complexidade e riqueza, e pódese trazar así unha analoxía para falar de artistas que confirman a súa independencia pero tamén alumean xuntos, cruzando intereses e articulando un compromiso coa creación e a sociedade actuais.

 

Coa colaboración de         Logo  Xacobeo                                       Logo Ourense