Carrusel de imaxes de exposición

exposicion-cgac-hamish-fulton-asestelo-fotografia-01.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-santiago-de-compostela.03.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-santiago-de-compostela-.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-asestelo-16.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-asestelo18.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-santiago-de-compostela-asestelo-fotografia-21.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-asestelo.22.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-santiago-de-compostela-asestelo.26.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-santiago-de-compostela-asestelo.30.jpg
exposicion-cgac-hamish-fulton-asestelo-31.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9

HAMISH FULTON. WALKING EAST

30 Outubro 2021 - 20 Febreiro 2022
Planta baixa e soto
Comisariado:
Pep Benlloch
Artistas:
Hamish Fulton

Hamish Fulton (Londres, Reino Unido, 1946) é un artista cuxa obra é o resultado do encontro entre a arte e o camiñar. Formado na Saint Martin’s School of Art de Londres, Fulton leva desde 1969 realizando camiñadas por distintas paraxes do planeta: percorreu a Península Ibérica de costa a costa en varias ocasións, visitou case toda Europa, Canadá, Estados Unidos, México e Australia, e camiñou polas montañas da India e do Nepal, entre outros moitos lugares. Nesta ocasión planeou un percorrido partindo desde Fisterra, en dirección a Santiago de Compostela, Pamplona e Roncesvalles ata Hendaia. Desde hai algúns anos o artista vai enlazando camiñadas do pasado por medio de novos proxectos, entendendo o seu traballo como unha unidade que se vai actualizando continuamente.

A obra de Fulton caracterízase pola combinación de imaxe e texto, xuntos na mesma obra ou de maneira independente, co obxectivo de transmitirlle ao espectador as sensacións que espertaron nel os elementos atopados na súa camiñada. A súa obra fotográfica non se limita á simple reprodución documental dunha acción realizada con anterioridade, senón que é parte integral do proxecto, tanto na súa conceptualización, como na realización e o modo de exposición. Para Hamish Fulton cada unha das camiñadas comeza cunha idea que é transformada posteriormente nunha experiencia real.

A fotografía —o acto fotográfico, para maior exactitude— intégrase totalmente nesta arte tan singular da marcha, acompáñao e fecúndao ata a exposición final das tomas, que non se limitan a mostrar a paisaxe explorada deste xeito, senón que intentan traducir unha modalidade do espírito e da sensibilidade do camiñante. Do mesmo xeito busca provocar no espectador unha mirada crítica cara ao contorno e os ecosistemas ameazados por un progreso meramente economicista, que non ten en conta a preservación da natureza e as culturas asociadas a ela.

Nesta exposición móstranse, xunto ás obras do proxecto realizado expresamente, unha selección de imaxes procedentes doutros proxectos desenvolvidos en España, unha serie de proxectos internacionais e por primeira vez todo o conxunto de obra seriada producido por Hamish Fulton ao longo da súa traxectoria artística.

Este proxecto foi realizado conxuntamente co MUN de Pamplona a onde a mostra viaxará en marzo de 2022.