Hai artistas que chegan a un tema por investigación, outros fano por tendencia. Álvaro Negro pertence claramente aos primeiros. Unha mirada atenta á súa traxectoria descobre moitas relecturas, produto dun actuar sen présa e dun diálogo continuo coa pintura e cunha serie de afinidades electivas, en moitos casos artistas, pero tamén escritores, poetas, arquitectos…
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.
Lugar: continxencias de uso constitúe un achegamento á significación existencial do espazo arquitectónico. O proxecto mostra obras site-specific das artistas Patricia Esquivias, Luciana Lamothe e Sofía Táboas producidas para distintas localizacións do edificio de Álvaro Siza.
Bañistas está constituído por un amplo conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Mozos que aparecen no exterior: á beira das praias, das piscinas ou no campo, en lagoas ou ríos, e que recrean a tradicional iconografía dos bañistas que tivo gran predicamento ao longo de toda a historia da arte.
O proxecto dirixido por Santiago Olmo e comisariado por Armando Montesinos e Mariano Navarro, pretende facer visible a existencia de criterios e interpretacións críticas que conformaron discursos e liñas teóricas diferentes, en ocasións con elementos compartidos e noutras claramente enfrontados, o que desmente así o lugar común de que no mundo da arte española non houbo un pensamento crítico.
De vocación temperá, Berta Cáccamo (Vigo, 1963) creceu nun universo ligado á creación. Considerada unha das pintoras españolas mais importantes da súa xeración, foi capaz de destilar influencias afastadas no tempo, sempre disposta ao debate coa súa obra, cos problemas da arte e coas súas imaxes.
Nacida en Viena pero arraigada en España desde 1968, Eva Lootz ocupa un espazo singular na súa xeración. En 1994 a concesión do Premio Nacional de Artes Plásticas viña recoñecer a relevancia da súa achega no panorama artístico español, aínda que a súa personalidade e a orixinalidade do seu traballo exceden con moito este marco xeográfico.
A obra de Stefan Brüggemann (Cidade de México, 1975) abriu unha maneira diferente de abordar os aspectos sociolóxicos e culturais da linguaxe. O seu traballo incide nesas contradicións lingüísticas que conforman os paradoxos da vida e a convivencia, pondo en cuestión a rixidez do politicamente correcto, precisamente por falso.
O núcleo dun museo é unha colección: a súa colección. A colección é o símbolo patrimonial dunha memoria cultural. Un territorio e unha cultura constrúen a súa identidade desde a memoria. Para que a memoria sexa activa e non nostálxica debe ser crítica e autocrítica, disposta a revisarse de maneira permanente.
