[EX]POSICIÓNS CRÍTICAS. DISCURSOS CRÍTICOS NA ARTE ESPAÑOLA, 1975-1995
Criterios interpretativos (planta baixa e Dobre Espazo)
Interpretacións críticas (planta soto)
Desprazamentos teóricos (primeira planta)
O proxecto cobre un período histórico de profundas transformacións sociais, culturais e xeracionais. O final da ditadura e a consolidación da democracia traerán consigo o desenvolvemento tanto material —creación de museos e centros de arte contemporáneos, multiplicación dos medios de difusión etc.— como intelectual —carácter universitario dos estudos de Belas Artes, desenvolvemento da crítica etc.— do sistema da arte. As problemáticas do mercado, a plena incorporación das mulleres ás prácticas artísticas, ou a nova figura do comisario de exposicións, son algúns exemplos dos cambios producidos nesas dúas décadas.
[Ex]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995, configúrase en tres exposicións simultáneas e complementarias, que cartografan as que foron as liñas emerxentes máis significativas da crítica de arte mediante a revisión e relectura dunhaserie de exposicións producidas neses anos, mostrando obras dos artistas españois presentes nelas, así como material documental para contextualizar os diferentes e sucesivos episodios. As obras e documentos proceden de diversas coleccións públicas e privadas, e de fundacións e arquivos en territorio nacional.
O proxecto complétase cun ciclo de actividades que busca trazar as problemáticas do pensamento crítico actual.
Vídeo de presentación (Santiago Olmo, Mariano Navarro, Armando Montesinos)
Director do proxecto: Santiago Olmo
