Carrusel de imaxes de exposición

ANTONI SOCÍAS. TEORÍA E PRÁCTICA DO DESERTO

31 Marzo 2016 - 12 Xuño 2016
Comisariado:
Santiago Olmo
Artistas:
Antoni Socías

A exposición Teoría e práctica do deserto, expón un percorrido polos procesos que atravesan o traballo de Antoni Socias, vinculando desde a fricción fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo.

Nos seus traballos aparece unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas, subliñando a importancia das actitudes no cotián.

Neste sentido moitos dos seus traballos, mesmo os pictóricos, teñen algo de performance. En ocasións, a performance aparece na radical importancia que asumen na súa obra os procesos e as metodoloxías de traballo, outras veces nunha dinámica de escenificación seriada na que a presenza do artista é un autorretrato autocrítico que permite establecer unha crítica social desde os resortes dun absurdo rigoroso (non hai nada arbitrario ou casual) que ilumina a realidade doutro xeito.

O día da inauguración ás 19:00 horas, na sala de reunións do padroado do CGAC, terá lugar unha conversa entre Santiago Olmo, comisario da exposición, e os artistas Antoni Socías e Caramo Fanta.
A partir das 21:30 horas, Enric Socias (imaxe) e Borja Vega (son) ofrecerán en directo unha performance audiovisual titulada HIPN.

 

Folleto da exposición

Audio da conferencia [castelán] (Antoni Socías, Caramo Fanta e Santiago Olmo, 31 de marzo de 2016)

Laboratorio de ideas con Antoni Socías

Novas relacionadas

Catálogo