Usue Arrieta & Vicente Vázquez - François Bucher - Waltercio Caldas - André Cepeda - Patricia Esquivias - Suso Fandiño - Fermín Jiménez Landa - Loreto Martínez Troncoso - Chelo Matesanz - Fabio Morais - Pamen Pereira - Gabriel Pericàs - José Luis Seara - André Sousa
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
Transcorridos cen anos desde o nacemento de Alejandro de la Sota (Pontevedra 1913 - Madrid 1996), o CGAC acolle unha exposición organizada pola Fundación ICO en colaboración coa Fundación Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a súa figura, a súa obra, o seu maxisterio e, o que parece máis pertinente, sobre a actualidade do seu legado.
Un cadrado negro de 20 x 20 cm é o punto de partida. Misha Bies Golas orquestra unha obra integrada por unha serie de cadros monocromos encargados a outros artistas de diferentes xeracións. É unha peza concibida como unha obra coral que, baixo o título 27 negros, torna e abre o seu significado máis aló do puramente descritivo ou formal.
Afortunadamente todo aquilo que me produce pracer e me outorga ese estado de paz e tranquilidade ten relación cos meus instintos animais e é por iso que a miña procura comeza na natureza. Trato de comprender a miña existencia, buscando pequenas partes da paisaxe que poidan representar o meu estado de ánimo, as miñas sensacións, as miñas experiencias, a miña persoa.
Esta exposición revisa a traxectoria artística de Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964), partindo dos seus traballos de finais da década dos oitenta até os máis recentes, recoñecendo a unha das artistas máis singulares da súa xeración.
Co propósito de conmemorar o seu vixésimo aniversario, o CGAC presenta unha exposición titulada 93 coa que nos transporta ao ano no que o centro abriu as súas portas ao público no inicio da década dos noventa.
Para Víctor Grippo (Junín, 1936 - Bos Aires, 2002) o traballo do artista consiste en descifrar os significados ocultos que se atopan baixo os obxectos primarios. Desde que comezou a súa carreira como pintor no cargado clima político arxentino dos anos sesenta, este químico de formación mantivo un interese constante polas relacións entre arte, ciencia e vida cotiá.
Graham Gussin (Londres, 1960) utiliza unha gran diversidade de medios —texto, debuxo, filme, son, escultura e instalación—para explorar a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala. As súas obras adoitan manipular e apropiarse de imaxes e narracións literarias extraídas da historia da arte, da cultura popular e, sobre todo, do cine.
Ricardo Basbaum (São Paulo, 1961) é un axente cultural que mantén unha intensa actividade, non só artística, senón tamén docente, investigadora e curatorial. Diagramas é a súa primeira exposición retrospectiva en España.
