Carrusel de imaxes de exposición

VÍCTOR GRIPPO. TRANSFORMACIÓN

18 Xullo 2013 - 20 Outubro 2013
Comisariado:
Alicia Chillida
Artistas:
Víctor Grippo

Para Víctor Grippo (Junín, 1936 - Bos Aires, 2002) o traballo do artista consiste en descifrar os significados ocultos que se atopan baixo os obxectos primarios. Desde que comezou a súa carreira como pintor no cargado clima político arxentino dos anos sesenta, este químico de formación mantivo un interese constante polas relacións entre arte, ciencia e vida cotiá. A súa fascinación pola transformación e a rexeneración inherentes á natureza, polo seu poder alquímico, albíscase xa nas súas primeiras esculturas e instalacións da década de setenta e impregna o conxunto da súa obra converténdose nun dos principios vertebradores da súa práctica artística: transformación da ciencia en arte, da materia en enerxía, da enerxía en conciencia, da morte en vida...

Folleto da exposición