Exposicións

25 Febreiro 2011 - 29 Maio 2011

A actividade de Fernando Jose Pereira, que comprende varios medios e se desenvolve esencialmente a partir da década de 1990, privilexiou a instalación e o vídeo como mecanismos dunha revisión crítica da propia crítica institucional. Consciente das limitacións de moitas propostas que se estruturan a partir da ambigüidade que supón traballar criticamente sobre o aparato institucional desde unha falsa exterioridade, este autor prefire unha…

25 Febreiro 2011 - 8 Maio 2011
Artistas:
, , ,

No longo periplo da abstracción, que logo vai cumprir un século da súa partida, foi constante a súa deriva en dous sentidos opostos e complementarios, ben polo camiño que prima a expresión inmediata, espontánea e direta, ben polo que se orienta segundo o cálculo, o rigor e a norma. Resulta constatable que nas dúas últimas décadas, pintores procedentes de tradicións nacionais tan diferenciadas como Richard Aldrich, José Loureiro, Nico Munuera…

4 Febreiro 2011 - 1 Maio 2011

Despois de se presentar na Fundaciou Antoni Tàpies, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a primeira exposición retrospectiva no ámbito europeo da artista brasileira de orixe italiana Anna Maria Maiolino (Scalea, 1942), cuxa obra constitúe un referente para artistas de distintas xeracións, tanto no seu país como a escala internacional.

18 Novembro 2010 - 13 Febreiro 2011

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo presentan unha exposición titulada Transtempo, e constituída por unha selección de imaxes de Cristina García Rodero tomadas en terras galegas entre 1974 e a actualidade. A través deste conxunto de fotografías a artista ofrece, por primeira vez de xeito estruturado, a súa persoal visión dunha Galicia intemporal, onde a relixión e os ritos pagáns se entrelazan nun…

22 Outubro 2010 - 2 Xaneiro 2011

Comisariada por Isabel Carlos, Tempo suspenso é a maior mostra individual algunha vez presentada polas artistas británicas Jane & Louise Wilson en España. A exposición parte da primeira obra en vídeo das artistas, Hypnotic Suggestion 505, de 1993, até a máis recente, Songs for My Mother de 2009.

1 Outubro 2010 - 28 Novembro 2010

O proxecto de Rubén Santiago enmárcase dentro do evento de arte pública A cidade interpretada, unha iniciativa da Concelaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela coproducida nesta segunda edición co Xacobeo e co CGAC.

20 Xullo 2010 - 5 Setembro 2010
Artistas:
Varios
16 Xullo 2010 - 10 Outubro 2010

Afro Modern: Journeys through the Black Atlantic inspírase na transcendental obra de Paul Gilroy, The Black Atlantic: Modernity and Double Consciousness (1993). Esta é a primeira exposición que examina polo miúdo a influencia que sobre a arte exerceron as diversas culturas negras do Atlántico dende principios do século XX ata os nosos días. Empezando polo rastro da arte africana na expresión modernista de artistas como Picasso, e acabando coa…

16 Xullo 2010
Artistas:
Ronald Duarte