Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2

FERNANDO JOSÉ PEREIRA. APARENTEMENTE NADA SE PASSA

25 Febreiro 2011 - 29 Maio 2011
Comisariado:
Xosé Lois Gutiérrez
Artistas:
Fernando Jose Pereira

Fernando Jose Pereira é un dos artistas portugueses que máis activamente interactuaron co contexto artístico galego. Doutorado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a súa presenza expositiva en Galicia pasou por unha participación na Bienal de Pontevedra de 1998, pola presentación de exposicións individuais, unha na Fundación Luís Seoane da Coruña (1998) e a outra no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, en 1998 e 2004, respectivamente, e pola mostra organizada o ano pasado pola Galería Ad Hoc en Vigo.

A súa actividade como profesor na Facultade de Belas Artes do Porto compleméntase cunha práctica reflexiva que adquire, nel, unha dimensión case tan importante coma a súa práctica estritamente artística. Non en balde foi membro fundador, xunto con Miguel Leal e Cristina Mateus, de VIROSE (www.virose.pt), unha das primeiras plataformas en rede creadas en Portugal para a reflexión sobre as relacións entre arte e tecnoloxía.

Folleto da exposición