Do manequín no escaparate á estrela mediáticaO Antigo Réxime caeu a golpe de guillotina, a igualdade establécese como principio, a industrialización modifica usos e costumes, ademais de impor unha nova clase social, as cidades ilumínanse pola noite e as avenidas ensánchanse para se converteren en escenarios dunha nova vida. A mediados do século dezanove a sociedade europea ábrese paso cara á modernidade enarborando a idea de progreso como…
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
As obras de Dora García fan claramente fincapé na comunicación entre o artista e o seu público: a arte xa non representa o mundo senón que se converte en produtora de realidades, a miúdo ao límite da ficción
Retrato dun momento fundamental: o último alento da liberdade moral e sexual nacida dos sesenta, xusto antes da crise que suporía a irrupción da sida.
O artista mexicano Sebastián Romo traballa a partir das sutilezas da construción do cotián. Unha reflexión sobre a escultura e as súas relacións co espazo realizada por un prometedor artista novo
Proxecto vertebrado mediante a aparición de distintas representacións do desexo e das diversas subxectividades que se enfrontan á norma e ao poder patriarcal.
O principio que guía este proxecto é simplemente amosar que a idea non é necesariamente oposta á subxectividade persoal, á poesía ou ao político.
