O Centro Torrente Ballester de Ferrol acollerá dúas exposicións realizadas con fondos da Colección permanente do CGAC: Miradas cinematográficas. Colección CGAC e Pouco antes da tormenta cómpre un pouco de humor Organizadas conxuntamente polo Centro Galego de Arte Contemporánea e o Centro Torrente Ballester e concibidas pola comisaria e crítica de arte Mónica Maneiro, ambas as mostras que exploran a influencia do cinema noutros ámbitos da…
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela), o CGAC presenta unha exposición na Igrexa da Compañía cunha serie de obras da Colección Fundación ARCO, Colección IFEMA e Colección permanente CGAC. A obra Mystique de Carles Congost abre esta exposición que pretende dialogar coa igrexa, a través dunha serie de obras de arte contemporánea que nos levan a ese concepto tanto relixioso como filosófico e literario que é o místico:…
O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a exposición Jeff Wall. O sendeiro sinuoso, comisariada por Joël Benzakin, organizada polo Centro de Belas Artes de Bruxelas (Bozar) en colaboración co CGAC, entre o vindeiro 12 de novembro de 2011 e o 26 de febreiro de 2012. A mostra todos os espazos expositivos do edificio.
Figura senlleira no contexto cultural galego, Antón Reixa (Vigo, 1957) non se deixa clasificar doadamente. O que mellor o define é a súa relación umbilical coa linguaxe e cos modos de se converter esta en instrumento de creación poética e de comentario sociopolítico, en soporte dunha actividade musical que definiu un territorio único na emerxencia de rupturas no panorama galego e nacional dos anos oitenta, primeiro con Os Resentidos e despois…
A exposición Cómo nos miran reúne fondos da colección permanente do CGAC e a colección Fundación ARCO. Con obras que abranguen un período de case trinta anos -de 1970 a 2007- e con autores de xeracións e xeografías distintas, a mostra incide sobre os modos nos que a (auto)representación se manifesta como proceso de cuestionamento de convencións historicamente construídas.
Esta exposición, presentada no MACBA a principios do 2011, chega ao CGAC co propósito de mostrar ao público compostelán como formas moi diversas de comprender a imaxe e a vida dos conceptos contribuíron a debuxar o horizonte do noso presente cultural.
A actividade de Fernando Jose Pereira, que comprende varios medios e se desenvolve esencialmente a partir da década de 1990, privilexiou a instalación e o vídeo como mecanismos dunha revisión crítica da propia crítica institucional. Consciente das limitacións de moitas propostas que se estruturan a partir da ambigüidade que supón traballar criticamente sobre o aparato institucional desde unha falsa exterioridade, este autor prefire unha…
No longo periplo da abstracción, que logo vai cumprir un século da súa partida, foi constante a súa deriva en dous sentidos opostos e complementarios, ben polo camiño que prima a expresión inmediata, espontánea e direta, ben polo que se orienta segundo o cálculo, o rigor e a norma. Resulta constatable que nas dúas últimas décadas, pintores procedentes de tradicións nacionais tan diferenciadas como Richard Aldrich, José Loureiro, Nico Munuera…
