Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

CÓMO NOS MIRAN

31 Maio 2011 - 16 Outubro 2011
Comisariado:
Miguel von Hafe Pérez
Artistas:
varios

A exposición Cómo nos miran reúne fondos da colección permanente do CGAC e a colección Fundación ARCO. Con obras que abranguen un período de case trinta anos -de 1970 a 2007- e con autores de xeracións e xeografías distintas, a mostra incide sobre os modos nos que a (auto)representación se manifesta como proceso de cuestionamento de convencións historicamente construídas.

Así, a ollada destas representacións ábrese a formulacións que dialogan coa propia historia da arte e con actitudes procesuais e conceptuais que interrogan medios coma a fotografía.

Por outra banda, pódense observar obras nas que a ollada se constrúe coma un discurso político tanto nun sentido tradicional coma nunha dirección máis restrinxida a cuestións de identidade sexual e de xénero.

Folleto da exposición