Exposicións

6 Marzo 2015 - 30 Setembro 2015

Como tizón quemado é unha axilización do proceso creativo de Christian García Bello (A Coruña, 1986) cara á rotundidade contida do xesto e cara á severidade sen concesións dun carácter en evasión concreta e certamente radical.

6 Marzo 2015 - 14 Xuño 2015
Artistas:
, , , , , , , , , , , , , , , , ,

A partir da experiencia e do recoñecemento de catro editoriais galegas e portuguesas (Dispara, Fabulatorio, Ghost e Pierre von Kleist), esta exposición constrúese en base á complicidade que se establece entre o acto creativo e a súa posterior edición.

18 Novembro 2014 - 5 Abril 2015
Artistas:
, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

A institución museolóxica é unha creación da sociedade democrática e laicizada que atopou nela modelos de difusión da creación tanto plástica como doutra índole para cidadáns libres e con iguais dereitos de acceso á educación e a cultura.

31 Outubro 2014 - 1 Marzo 2015

Esta exposición explora e vertebra algunhas das series máis recentes do pintor Carlos León (Ceuta, 1948). Indaga con especial interese nos xogos de relacións —plásticas e conceptuais— que se establecen entre o radical cuestionamiento de todo ilusionismo que propón a súa pintura e a práctica depurada dunha produción tridimensional.

17 Outubro 2014 - 25 Xaneiro 2015

O traballo de Rosendo Cid (Ourense, 1974) parte de claves que abranguen desde un certo espírito dadaísta, xa que a miúdo emprega obxectos ou imaxes sen manipular, até o cuestionamiento de certa gravidade ou solemnidade que parece rodear á arte contemporánea. Todo iso mediante o traballo en series, do que se deriva un entendemento da arte como proceso variable e constante.

16 Outubro 2014 - 22 Febreiro 2015

En É capital Cristina Lucas (Xaén, 1973) analiza algunhas das principais incógnitas, paradoxos e retos que supón o actual sistema capitalista mediante catro obras de nova creación concibidas especificamente para o contexto desta exposición.

4 Xullo 2014 - 19 Outubro 2014
Comisariado:
Javier Hontoria
Artistas:
Mark Manders

Mark Manders (Volkel, Países Baixos, 1968) é un dos artistas internacionais máis relevantes das dúas últimas décadas e autor dun dos corpus de traballo máis persoais de cuantos poden verse no concerto internacional. Ademais de representar o seu país na 55.ª Bienal de Venecia, realizou exposicións en moitos dos museos e centros de arte máis importantes do mundo e participou en Documenta 11 en 2002.

4 Xullo 2014 - 28 Setembro 2014

Desde 1997 Juan Uslé (Santander, 1954) non deixou de traballar nunha serie de cadros que se coñecen como as súas pinturas negras e que ocupan un lugar central no conxunto da súa obra. Nas xa cincuenta pinturas da serie Soñé que revelabas, a maioría executadas de noite, Uslé leva a cabo unha disquisición atenta e reflexiva sobre as condicións estruturais da pintura e do proceso de pintar.

20 Xuño 2014 - 2 Novembro 2014
Comisariado:
Agar Ledo
Artistas:
Diego Santomé

As estratexias discursivas en que se fundamenta a obra de Diego Santomé (Vigo, 1966) están directamente vinculadas cos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. Santomé parte de cuestións ligadas ás circunstancias cotiás e á súa transformación, mostrando a posibilidade/imposibilidade dunha nova orde na que a sociedade acade un equilibrio.