Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

ABSTRACCIÓN RACIONAL

25 Febreiro 2011 - 08 Maio 2011
Comisariado:
Mariano Navarro
Artistas:
Richard Aldrich, José Loureiro, Nico Munuera, Juan Uslé

Un dos aspectos principais destes artistas, que nin constitúen grupo ou colectivo organizado nin o pretenden facer, é a súa coincidencia en facturar cadros belos, unha calidade en ocasións discutida e cuxa vixencia mesmo é negada como tal no momento que vivimos, pero que, ao meu xuízo, segue a ser un dos puntos fortes e aínda non esgotados da súa práctica.

A exposición Abstracción racional axunta obras, en diferentes formatos e técnicas, así como distintos soportes, de catro pintores de distintas nacionalidades. Por orde alfabética son o norteamericano Richard Aldrich, o portugués José Loureiro e os españois Nico Munuera e Juan Uslé.

Folleto da exposición