Carrusel de imaxes de exposición

RICARDO BASBAUM. DIAGRAMAS

28 Xuño 2013 - 06 Outubro 2013
Comisariado:
Miguel von Hafe Pérez & Ricardo Basbaum
Artistas:
Ricardo Basbaum

Ricardo Basbaum (São Paulo, 1961) é un axente cultural que mantén unha intensa actividade, non só artística, senón tamén docente, investigadora e curatorial. Diagramas é a súa primeira exposición retrospectiva en España. Desde mediados dos anos noventa, a súa obra gañou crecente visibilidade internacional mediante exposicións que combinan obxectos, textos, instalacións e a participación de terceiros na construción de situacións que cuestionan os efectos, as condicións e as posibilidades da arte contemporánea. Os seus Diagramas constitúen unha memoria do corpo organizada mediante dispositivos visuais e conceptuais que funcionan como unha membrana perceptiva entre o eu e o ti na construción de novas capas sensoriais e participativas.

Imaxe: membranosa-entre (NBP), 2009. Cortesía Luciana Brito Galeria