Exposicións

6 Xuño 2025 - 21 Setembro 2025
Entrada e hall
Comisariado:
Claudio Zulian
Artistas:
Candela Conde, Silvia G. Armesto, Irina Malyuchenko, Noemí Moisés Méndez-Benegassi Gamallo, Ramón Yoshimura

Entre outubro de 2022 e febreiro de 2023 tivo lugar no CGAC Vidas, unha exposición individual do artista e cineasta Claudio Zulian. A mostra tivo como corolario un taller de artista, concibido como un espazo de reflexión, experiencia e creación sobre o tecido urbano e as comunidades que o habitan.

14 Febreiro 2025 - 7 Setembro 2025
Planta baixa, primeira planta e Dobre Espazo
Comisariado:
Alicia Murría

Concha Jerez e José Iges desenvolveron unha produción común que se contamina e se enriquece na diferenza das súas respectivas linguaxes. A partir do concepto de resignificación, esta mostra conxunta reúne obras realizadas entre 1989 e 2023. Baixo esta idea, o que propoñen é “unha operación que permite asignarlles a un obxecto, a un medio ou a unha situación calidades ata ese momento inesperadas, imprevistas”.

31 Xaneiro 2025 - 25 Maio 2025
Soto
Comisariado:
Monse Cea

O CGAC presenta unha mostra individual da artista Mar Caldas, pioneira da praxe artística feminista en Galicia. A súa obra renova sempre o seu cariz reivindicativo para atender aos diferentes atrancos que, pola súa condición, atenazan a vida das mulleres. Desta volta, convídanos a un percorrido no que o traballo das mulleres e a denuncia da súa escasa consideración, pasada e presente, ocupan a centralidade do discurso.

18 Outubro 2024 - 18 Xaneiro 2026
Hall

Pilar Albarracín (Sevilla, 1968) foi unha das creadoras claves na renovación das linguaxes artísticas en España durante os anos noventa. Nunha escena ata entón dominada pola pintura e a escultura, o seu traballo foi pioneiro no uso da fotografía, a performance ou a instalación como medios de expresión artística, e contribuíu a formular algunhas das cuestións fundamentais para entender a evolución das prácticas artísticas nas últimas décadas…

4 Outubro 2024 - 12 Xaneiro 2025
Planta baixa, Dobre Espazo e soto
Comisariado:
Nicolás Combarro, Miguel Ángel Delgado
Artistas:
Susana de Sousa Dias, Helena Girón & Samuel M. Delgado, Isaki Lacuesta, Salomé Lamas, Oliver Laxe, Laida Lertxundi, Lois Patiño, Albert Serra

O cinema contemporáneo continúa investigando sobre as novas formas do cinematográfico, desde as vangardas ata o cinema expandido. Nesta traxectoria, o museo foise consolidando como un espazo onde o cinema tamén ten lugar, xa que acolle nas súas salas as propostas e os discursos experimentais dunha nova xeración de autoras e autores.

20 Setembro 2024 - 19 Xaneiro 2025
Primeira planta
Comisariado:
Natàlia Chocarro

Cunhas influencias que abarcan desde Milan Kundera ata Simone Weil, Vieta reflexiona sobre as contradicións da experiencia humana mediante instantáneas que capturan a complexidade do espectro das nosas emocións, pensamentos e vivencias. As súas obras redefinen a relación entre contrarios coa coherencia que só os soños conteñen.

1 Abril 2024 - 27 Xaneiro 2026
Antesala do auditorio
Artistas:
Diego Vites, en colaboración con NEG (Jorge Varela, Misha Bies Golas, Alejandra Pombo Su, Diego Vites), Violeta

Salto cuántico é unha escultura interactiva que conta con tres módulos móbiles e intercambiables. Toma a estrutura das primeiras computadoras dos anos corenta, tótems contemporáneos sobre rodas que permiten actualizacións constantes que fan desta unha escultura aberta no espazo cuántico.

24 Febreiro 2024 - 1 Setembro 2024
Hall, planta baixa, primeira planta, Dobre Espazo e soto
Comisariado:
António Gonçalves

A visión máis completa e abranguente da obra dun artista tórnase posible cando temos ocasión de examinar a súa produción artística ao longo da súa carreira. Unha oportunidade de viaxar no tempo, tendo como horizonte as obras froito do traballo e da entrega ao singular exercicio do querer mostrar.

29 Setembro 2023 - 14 Xaneiro 2024
Planta primeira
Comisariado:
Pedro de Llano Neira

No período comprendido entre 1965 e 1975, a arte conceptual supuxo un cambio de paradigma inédito ata entón na historia da arte. Pasouse dunha arte concibida como obxecto autónomo a outro modelo no que se puña en cuestión esa autonomía e se favorecía o procesual.