Carrusel de imaxes de exposición

Lamazares: "Juan Belmonte matador de toros. Madrid", 1986/1992

Exposición Lamazares. Inda é día (1973-2023). CGAC, 2024
Lamazares: "Cántico espiritual (San Juan de la Cruz). Alfabeto Delfín". Madrid, 2020-2021
Expo Lamazares-37.jpg
Lamazares: "En la huerta nace la rosa!!! Alfabeto Delfín". Madrid, 2023
Exposición "Lamazares. Inda é día (1973-2023)", CGAC, 2024

Lamazares: "Adán errante". Madrid, 2002
Lamazares: "Follente Bemil". Madrid, 2003

Lamazares: "Túzaro", 1986/1992 [detalle/detail]

Lamazares: "Cántico espiritual (San Juan de la Cruz). Alfabeto Delfín". Madrid, 2020-2021 [detalle/detail]
Lamazares: "Cántico espiritual (San Juan de la Cruz). Alfabeto Delfín". Madrid, 2020-2021 [detalle/detail]
Exposición "Lamazares. Inda é día (1973-2023)", CGAC, 2024
Exposición "Lamazares. Inda é día (1973-2023)", CGAC, 2024
Exposición "Lamazares. Inda é día (1973-2023)", CGAC, 2024
Exposición "Lamazares. Inda é día (1973-2023)", CGAC, 2024
Lamazares: "Letanía (—Paz y buenos alimentos. —Ai eso sí)". Salamanca, 1989 [detalle/detail]

Lamazares: "14 apartamentos". Madrid, 1984

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17

LAMAZARES. INDA É DÍA (1973-2023)

24 Febreiro 2024 - 01 Setembro 2024
Hall, planta baixa, primeira planta, Dobre Espazo e soto
Comisariado:
António Gonçalves

A visión máis completa e abranguente da obra dun artista tórnase posible cando temos ocasión de examinar a súa produción artística ao longo da súa carreira. Unha oportunidade de viaxar no tempo, tendo como horizonte as obras froito do traballo e da entrega ao singular exercicio do querer mostrar. Unha revelación cuxos resultados están depositados nesas obras que se foron afirmando na plenitude do tempo.

Acceder á obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) co designio de albiscar cincuenta anos de dedicación, investigación, estudo e desenvolvemento dun traballo é un momento moi especial, porque nos permite achegarnos á obra dunha das figuras máis senlleiras no contexto artístico de Galicia, de España, e en constante relación co mundo. A súa ávida curiosidade fixo que diferentes xeografías lle servisen para aliñar intencións e propósitos que axudaron a conformar a súa obra.

Revisitar é redescubrir, é volver ao principio, iluminar de novo e facer resplandecer o propósito que animou o primeiro momento. As capas do tempo súmanse ás obras e explícanas, ofrecéndonos unha observación renovada que permite unha valoración máis depurada.

Esta exposición é un acontecemento que, sen dúbida, vai propiciar unha apreciación actualizada da orixinalidade da obra de Antón Lamazares. Achegarse ao seu traballo é experimentar o silencio, formar parte dunha constelación marabillosa que nos brinda estados de contemplación e intensifica o gozo. O seu Alfabeto Delfín encerra unha clarividencia, unha audaz contribución que nos convoca á proximidade das formas puras, do debuxo que sustenta a palabra, do rexistro que se consolida en materia e nos devolve gozo. O encontro que se nos permite co excelso provén da prerrogativa de poder convivir, gozar e contemplar a obra de Lamazares, que é o resultado da sabedoría e a grandeza de saber rescatar a humildade, a sinxeleza, o vigor, a coraxe, o corazón, o amor, a morte, a plenitude... nun universo de verdade e silencio.

CONVERSA AO REDOR DA OBRA DE ANTÓN LAMAZARES

PROXECCIÓN DO FILME TAN ANTIGUO COMO EL MUNDO

Dirixida por Nayra & Javier Sanz Fuentes
Duración: 87 min, VO en castelán. Sinopse

AUDITORIO DO CGAC
Pases:
29 de febreiro, 19:00 h
14 de marzo, 19:00 h
25 de abril, 19:00 h