Carrusel de imaxes de exposición

"Redeiras". Serie "Facedoras do Baixo Miño",  2019. Colección CGAC
Mar Caldas: "Redeiras". Serie "Facedoras do Baixo Miño", 2019. Colección CGAC
"Vendedora de froita e verdura". Seria "Facedoras do Baixo Miño", 2019
Mar Caldas: "Vendedora de froita e verdura". Seria "Facedoras do Baixo Miño", 2019
"12 de maio de 1937", 2023
Mar Caldas: "12 de maio de 1937", 2023
Mar Caldas-Guía postal de Lugo
Guía postal de Lugo (1936-1976)/ Mar Caldas
Mar Caldas- "Esfolladora de Millo", 2018
Esfolladora de Millo, 2018- Mar Caldas
Artesás do traxe tradicional. Serie Facedoras do Baixo Miño - Mar Caldas
Mar Caldas -"Artesás do traxe tradicional. Serie Facedoras do Baixo Miño"
Fragmento 100% contigo- Mar Caldas
Mar Caldas - "Fragmento 100% contigo"
 Mar Caldas- "Sementes"
Sementes- Mar Caldas
Mar Caldas- "12 de maio 86. Cabodano",2023
12 de maio 86. Cabodano,2023- Mar Caldas
Retrato de familia. Sementes- Mar Caldas
Mar Caldas- "Retrato de familia". "Sementes"
12 Maio de 1937,2024- Mar Caldas
Mar Caldas- "12 Maio de 1937",2024
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10

MAR CALDAS. Mulleres, traballo e memoria

31 Xaneiro 2025 - 25 Maio 2025
Soto
Comisariado:
Monse Cea

No marco do seu programa de artistas de media carreira, o CGAC presenta unha mostra individual da artista Mar Caldas (Vigo, 1964), pioneira da praxe artística feminista en Galicia. A súa obra, fundamentalmente fotográfica, renova sempre o seu cariz reivindicativo para atender aos diferentes atrancos que, pola súa condición, atenazan a vida das mulleres.

Desta volta, convídanos a un percorrido pola súa obra recente, na que o traballo das mulleres e a denuncia da súa escasa consideración, pasada e presente, ocupan a centralidade do discurso. Neta dun sindicalista fusilado e dunha viúva abocada á escaseza, e filla dunha nai desposuída do seu posto de traballo como telefonista polo simple feito de contraer matrimonio, Caldas articula un amplo proxecto específico titulado Retrato de familia, no que reflexiona sobre a súa historia familiar para denunciar a violencia sufrida pola sociedade durante a Guerra Civil e a ditadura franquista. Coa fotografía como protagonista, desprega un amplo abano de formalizacións: colaxe fotográfica con imaxes apropiadas, series fotográficas de creación propia en grande formato, a imaxe fotográfica proxectada a modo de instalación e como base dunha obra fílmica... e mesmo unha peza fotográfica en formato “tarxeta para levar”.

A obra de Mar Caldas é conceptualmente densa, froito dun continuo e laborioso traballo de investigación, mais sintética desde un punto de vista formal, e procura sempre primar a comunicación coa persoa espectadora. A súa investigación atinxe tanto aos límites e á historia do medio fotográfico —aos seus usos e formalizacións fóra e dentro do eido da arte— como a outros campos segundo as necesidades específicas de cada proxecto.

Alén do medio fotográfico, para esta proposta é patente a investigación que a artista leva a cabo noutros eidos como a historia contemporánea, a historia da arte moderna, a socioloxía ou a etnografía. Dun xeito que diriamos poético, Caldas fai un exercicio de arqueoloxía, ao buscar, achar e analizar artefactos xerados mediante a arte académica e a fotografía profesional. Deste xeito, por medio da arte, reconstrúe o contexto en que determinadas pezas da cultura material de Galicia foron realizadas, para desvelar a presenza soterrada das mulleres no rexistro histórico.