Desde o CGAC quixemos aproveitar esta ocasión para revisitar unha das instalacións máis impresionantes da súa traxectoria, pero tamén para convidar os artistas Almudena Fernández Fariña e Suso Fandiño, que recentemente participaron no programa de exposicións de media carreira impulsado polo museo desde 2016, a realizaren dúas intervencións específicas no interior e no exterior do edificio, respectivamente.
- Inicio
- Exposicións
Exposicións
Un aniversario é algo máis ca unha celebración. Lembrar unha historia é tamén facer balance, revisar e reler o pasado a fin de tomar impulso para encarar o futuro. Este exercicio de revisión implica ademais, necesariamente, o recoñecemento do traballo de todas aquelas persoas e institucións que, dun ou doutro xeito, participaron na planificación e execución dun programa e na construción dunha colección pública imprescindible.
A mostra presenta por primeira vez en España unha aproximación ao universo do cineasta Asghar Farhadi (Homayoon Shahr, Irán, 1972), a través dun percorrido pola súa faceta como fotógrafo, así como no seu traballo escénico con actores, en teatro e en cinema. O realizador procede do mundo do teatro, de aí a gran cantidade de referencias á arte dramática que atopamos na súa narrativa cinematográfica.
A exposición ofrece un percorrido polo traballo de Almudena Fernández Fariña, artista e docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ao longo de trinta anos de carreira, resituando a súa traxectoria e desvelando a unha artista inédita cuxa versatilidade queda patente nunha serie de procesos paralelos que inclúen prácticas fotográficas, bordados, pezas cerámicas ou libros obxecto.
Olga Mesa (Avilés, Asturias, 1962) é unha das figuras clave da nova danza contemporánea española de finais dos oitenta, pero, sobre todo, é unha precursora na investigación das relacións entre o audiovisual e o corporal, os tempos reais e os tempos somerxidos, a experimentación cos mundos analóxicos e os dixitais dos retrofuturos.
O colectivo Guerrilla Girls formouse en 1985 en Nova York como un grupo anónimo de artistas de acción feminista. A súa primeira acción foi a manifestación que tivo lugar diante do MoMA de Nova York, no que se mostraba a grande exposición An International Survey of Recent Painting and Sculpture (Un estudo internacional de pintura e escultura recentes), na cal participaban 13 mulleres dun total de 169 artistas e practicamente ningún de cor.
Camiños III continúa o traxecto que se iniciou con Camiños I e no que se avanzou con Camiños II. O camiñar como acto persoal de activismo sociopolítico; como responsabilidade colectiva ante as crises medioambientais, pola súa correspondencia co inmediato, o observable e o perceptible.
No conxunto do traballo de Claudio Zulian (Campodarsego, Padua, Italia, 1960), director de cinema, videoartista, músico e escritor, distínguese unha produción propiamente cinematográfica destinada ao circuíto de cinemas, plataformas e festivais, e outra, máis especificamente artística, formada por vídeos e videoinstalacións que son resultado de proxectos de investigación e diálogo con realidades sociais.
Raniero Fernández (Vigo, 1909 - 1999) realiza, durante as décadas cincuenta e sesenta do século pasado, unha interesante obra fotográfica que, co paso do tempo, adquiriu gran relevancia. A súa actividade como fotógrafo está estreitamente vinculada coa que desenvolveu como presidente da Agrupación Fotográfica Gallega durante o período no que esta tivo a maior actividade, actuando como dinamizador dos concursos, publicacións…
