Carrusel de imaxes de exposición

EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ-
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDE
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
EXPO ALMUDENA FDEZ
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15

ALMUDENA FERNÁNDEZ FARIÑA. PISANDO CHARCOS

02 Xuño 2023 - 10 Setembro 2023
Planta primeira
Comisariado:
Susana Cendán

Desde 2016 o CGAC vén desenvolvendo un programa anual de revisión de artistas galegos de media carreira, que se iniciou cunha exposición sobre Berta Cáccamo e continuou, logo dunha breve interrupción en 2020 e 2021 por causa da pandemia, coas mostras dedicadas a Álvaro Negro (2017), Nicolás Combarro (2018), Loreto Martínez Troncoso (2019) e Suso Fandiño (2022), respectivamente. A exposición de Almudena Fernández Fariña insírese no marco deste programa.

Almudena Fernández Fariña (Vigo, Pontevedra, 1970) é artista e docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo). A súa obra está representada en coleccións públicas e privadas. O seu traballo artístico foi recoñecido con numerosos premios e bolsas entre os que destacan o Premio de Pintura L’Oréal (2000); a Bolsa Novos Valores (1994) ou a Bolsa da Fundación Pollock-Krasner (2001).

A exposición ofrece un percorrido polo traballo de Almudena Fernández Fariña ao longo de trinta anos de carreira, resituando a súa traxectoria e desvelando a unha artista inédita cuxa versatilidade queda patente nunha serie de procesos paralelos que inclúen prácticas fotográficas, bordados, pezas cerámicas ou libros  obxecto.

Concibida como unha sucesión de diálogos entre Almudena Fernández Fariña e algúns dos seus referentes, esta exposición constitúe unha invitación a trazar percorridos alternativos, descubrir novos significados e reactivar debates nos que o espectador desempeñe un papel activo.

O contexto, a relación co lugar, ocupa un lugar fundamental nas formulacións artísticas e intelectuais de Almudena Fernández Fariña, algo evidente nos seus proxectos site-specific, os cales teñen en conta o conglomerado de aspectos físicos e topográficos, formais, simbólicos, históricos, políticos, económicos, sociais ou institucionais que definen os espazos sobre os que a artista intervén.

Os ditos proxectos foron recollidos nun vídeo documental que se proxectará nunha das salas.

 

FLOR E ACANTO. Intervención de Almudena Fernández Fariña

11 xullo 2023 - 28 xaneiro 2024

Hall

A exposición complétase cunha intervención no vestíbulo do CGAC. Un suxestivo diálogo entre a pureza minimalista de Álvaro Siza Vieira e o barroquismo do convento de San Domingos de Bonaval. Partindo dunha folla de acanto esculpida na fachada do convento, Almudena Fernández Fariña descontextualiza, sintetiza, repite e expande o motivo e dótao dun papel ornamental que explora a dimensión explicitamente decorativa da pintura. Un dos grandes temas da súa arte, en definitiva.