Carrusel de imaxes de exposición

Autoportrait om estudio boule a facettes DSC01947(1).JPG
2.jpg
6.jpg
9.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-5.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-6.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-7.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-27.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-36.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-101.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-70.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-51.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-46.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-71.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-93.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-167.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-135.jpg
EXPOSICIÓN OLGA MESA. RE-VISIÓN(S)-146.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17

OLGA MESA. RE-VISIÓN(S) "Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto"

17 Marzo 2023 - 11 Xuño 2023
Hall, Dobre Espazo, soto
Comisariado:
Nekane Aramburu
Artistas:
Olga Mesa, coa participación de Francisco Ruiz de Infante

Olga Mesa (Avilés, Asturias, 1962) é unha das figuras clave da nova danza contemporánea española de finais dos oitenta, pero, sobre todo, é unha precursora na investigación das relacións entre o audiovisual e o corporal, os tempos reais e os tempos somerxidos, a experimentación cos mundos analóxicos e os dixitais dos retrofuturos.

Despois dun extenso percorrido profesional en España, Olga Mesa instálase definitivamente en Francia no ano 2005, tras ser invitada como artista residente polo Thèâtre Pôle Sud de Estrasburgo.

Desde o seu primeiro traballo de videoarte no deserto de Mojave (Arizona, EUA) ata a estrea de Lugares intermedios coa súa propia compañía, ambos en 1992, a artista desenvolve nas súas obras a escritura dunha dramaturxia experimental que se sitúa deliberadamente na fronteira entre a danza, a performance, o cine e a instalación.

A súa obra xira arredor dunha escritura poética do corpo persoal, afirmando o lugar do íntimo dentro da representación. Integra o outro, convertendo o espectador en axente da representación e construtor de novos relatos mediante os percorridos espaciais. Coas súas accións, xa sexa nos teatros a modo de representacións, en performances, vídeos en múltiples capas de posibilidades, instalacións artísticas, protocolos de transmisión, conferencias ou publicacións, Olga Mesa propicia lecturas arborescentes que provoca unha expansión do feito artístico no subconsciente de cada mirada.

A súa particular linguaxe aplícase en conceptos como a mirada pausa, o corpo próximo, o coreograma (o coreograma básico e a súa evolución), a mecánica da sensación, a decisión e o desexo (2D), os enunciados, o fóra de campo, os campos profundidades, a cámara cega, o black-out, o corpo operador, a dobre visión ou a secuencia Rec-Play-Rewind.

Fixo da cámara un medio cómplice, grazas ao cal conxuga a experiencia espazo-temporal e a formulación da mirada, e converteu o corpo nun instrumento de visión que a sitúa, ao mesmo tempo, como suxeito e obxecto das súas construcións narrativas.

Este camiño sensitivo e conceptual responde á necesidade urxente dunha nova política do corpo e da mirada, de acordo coa cal a artista, coas súas propostas creativas, cuestiona a presenza do outro e a súa relación cos estratos do real.

A partir de 2010, Olga Mesa comeza a traballar en colaboración co artista Francisco Ruiz de Infante. A cohesión de toda esta traxectoria lévaa a realizar grandes traballos temáticos que se desenvolven no tempo en diferentes movementos e actos, escalas e temporalidades, procesos e lugares de diálogo.

Esta retrospectiva propón unha selección de pezas relevantes pensadas como un itinerario guiado por textos, vídeos, imaxes e corpos. O percorrido inmersivo a través dos espazos expositivos propicia un ritual de coñecemento sobre a metodoloxía, os modos de exploración e os relatos da artista.