Carrusel de imaxes de exposición

EXPO ASGHAR FARHADI-34.jpg
EXPO ASGHAR FARHADI-4.jpg
EVERYBODY_KNOWS
35 copy WEB
EXPO ASGHAR FARHADI-23.jpg
LE CLIENT
EXPO ASGHAR FARHADI-35.jpg
EXPO ASGHAR FARHADI-22.jpg
EXPO ASGHAR FARHADI-6.jpg
EXPO ASGHAR FARHADI-36.jpg
THESALESMAN
EXPO ASGHAR FARHADI-12.jpg
EXPO ASGHAR FARHADI-17.jpg
EXPO ASGHAR FARHADI-21.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13

ASGHAR FARHADI. A BEIRARRÚA

22 Xuño 2023 - 10 Setembro 2023
Dobre Espazo
Comisariado:
Zara Fernández de Moya, Ahmad Taheri

A mostra presenta por primeira vez en España unha aproximación ao universo do cineasta Asghar Farhadi (Homayoon Shahr, Irán, 1972), a través dun percorrido pola súa faceta como fotógrafo, así como no seu traballo escénico con actores, en teatro e en cinema.

Como ocorre no traballo doutros realizadores (desde Stanley Kubrick a David Lynch, pasando por Andrei Tarkovski ou Abbas Kiarostami), a fotografía é compañeira de Farhadi desde hai moitos anos. Así mesmo, o realizador procede do mundo do teatro, de aí a gran cantidade de referencias á arte dramática que atopamos na súa narrativa cinematográfica. Mundos imbricados os deste autor para o que, nas súas propias palabras, “afastarse de experimentar é un perigo” e ao que o CGAC acolle por primeira vez no noso país nas súas diferentes facetas artísticas.

A beirarrúa, peza central elixida polo propio Farhadi para darlle título á exposición, é unha obra fotográfica a grande escala, composta por catro murais da rúa Vali Asr de Teherán, que foi rexistrada, ao longo de todo un ano, coa axuda das súas asistentes Tahmineh Monzavi e Leila Akhbari.

As catro composicións ben poderían funcionar como secuencias cinematográficas a través das cales parece crearse outra temporalidade e outro espazo. A beirarrúa desa megalópole é tamén o espazo íntimo e ideolóxico de moitas das súas películas, nas que os seus personaxes se enfrontan a dilemas éticos vitais. Xunto a varias series fotográficas, a mostra recolle tamén un variado material audiovisual da súa carreira cinematográfica (vídeos e fotografías do making of dalgunhas das súas películas, carteis dos seus filmes, entrevistas etc.) e dúas películas documentais que analizan o traballo do director cos actores.

Considerado como un dos cineastas máis singulares dos últimos anos, Asghar Farhadi é membro de honra da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España e situou o cinema iraniano en primeira liña da cinematografía internacional con dous premios Óscar á mellor película de fala non inglesa por Nader e Simin, unha separación (2012) e O viaxante, premio ao mellor guión no Festival Cannes no 2016. En España rodou a longametraxe Todos o saben (2018), con Javier Bardem, Penélope Cruz, Ricardo Darín e Bárbara Lennie, e a súa película máis recente, Un heroe, recibiu o gran premio do xurado do Festival de Cannes en 2021.

Exposición organizada co apoio de: Morena films (España), Memento Films (Francia), Asociación MED-OCC e Festival de Cine de Santander.