Carrusel de imaxes de exposición

Expo Claudio Zulian-9.jpg
raval1.jpg
fabrica_Vallès_1_copia.jpg
avenir_frame.jpg
TRAVELLING_03.jpg
CARMEN_01_contraste_1.jpg
Expo Claudio Zulian-16.jpg
Expo Claudio Zulian-17.jpg
Expo Claudio Zulian-20.jpg
Expo Claudio Zulian-21.jpg
Expo Claudio Zulian-33.jpg
Expo Claudio Zulian-39.jpg
Expo Claudio Zulian-61.jpg
Expo Claudio Zulian-69.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13

CLAUDIO ZULIAN. VIDAS

28 Outubro 2022 - 19 Febreiro 2023
Planta baixa, Dobre Espazo
Comisariado:
Santiago Olmo

No conxunto do traballo de Claudio Zulian (Campodarsego, Padua, Italia, 1960), director de cinema, videoartista, músico e escritor, distínguese unha produción propiamente cinematográfica destinada ao circuíto de cinemas, plataformas e festivais, e outra, máis especificamente artística, formada por vídeos e videoinstalacións que son resultado de proxectos de investigación e diálogo con realidades sociais. A exposición desenvólvese como unha retrospectiva de proxectos e videoinstalacións de temática social que utilizan como ferramentas visuais e estilísticas o plano secuencia, o plano fixo e a voz en off.

O percorrido por diversas pezas realizadas ao longo do últimos vinte anos, conduce a unha videoinstalación (Vidas), situada no Dobre Espazo do CGAC e creada expresamente para a exposición que lle dá nome á mostra. Do mesmo xeito que nos seus outros proxectos, esta peza, inspirada no barrio de Vite, na cidade de Santiago, non pretende ofrecer unha visión totalizadora e documental, tampouco reflectir a historia social ou explicar a realidade do contexto, como se podería facer nun ensaio, nun estudo ou nunha película rigorosamente documental. Ao contrario, trátase dunha interpretación poética, visual e simbólica aberta, onde as voces e os relatos crean un fresco de historias de vida.

Claudio Zulian desenvolveu gran parte do seu traballo artístico explorando as posibilidades e o significado da autorrepresentación de colectivos e comunidades, e desenvolvendo o potencial simbólico que conteñen as imaxes. Para iso, mergúllase en cada un dos contextos que trata, establece diálogos cruzados cos participantes, crea grupos de traballo e de discusión cuxos resultados e experiencias contribúen, en parte, á construción do resultado final.

Un dos propósitos destes traballos é convidar o visitante a situarse no lugar do outro, para comprender desde puntos de vista difíciles, complexos e mesmo incómodos. Evita a linearidade explicativa do estilo documental e acentúa unha vontade poética, facendo que o relato e os testemuños das persoas que os habitan dean conta directamente, a partir das súas experiencias e sentimentos, da especificidade dun barrio, dunha cidade ou dun territorio. Deste xeito cada obra non é máis que o vehículo, o soporte ou o dispositivo que amplifica e transmite desde as súas voces as historias das vidas da xente corrente.

 

PROGRAMA DE PROXECCIÓNS

 

  SÁBADOS 18:00 H

  A través del Carmel, 2006

  Película | Film. 93 min

 

  DOMINGOS 18:00 H

  2031/2111, 2011

  Película | Film. 30 min

  No será lo mismo, 2011

  Película | Film. 9 min

  Power No Power, 2013

  Película | Film. 30 min