Carrusel de imaxes de exposición

LooseFit_CGAC copia.jpg
@PiliProl-2833.jpg
@PiliProl-2828.jpg
Name
Cruzamentos na arte galega-85.jpg
Cruzamentos na arte galega-93.jpg
Cruzamentos na arte galega-2.jpg
Cruzamentos na arte galega-68.jpg
Cruzamentos na arte galega-95.jpg
Cruzamentos na arte galega-101.jpg
Cruzamentos na arte galega-40.jpg
Cruzamentos na arte galega-24.jpg
Cruzamentos na arte galega-16.jpg
Cruzamentos na arte galega-28.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13

CRUZAMENTOS NA ARTE GALEGA DA COLECCIÓN CGAC

04 Marzo 2022 - 03 Xullo 2022
Planta soto
Comisariado:
Sara Donoso, Santiago Olmo
Artistas:
Pablo Barreiro, Jacobo Bugarín, Salvador e Juan Cidrás, Andrea Costas, Angela de la Cruz, Eva Díez, Patricia Dopico, Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Juan López, Loreto Martínez Troncoso, Chelo Matesanz, Vítor Mejuto, Antonio Murado, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Ana Pérez Ventura, Isaac Pérez Vicente, Montse Rego, Rodríguez-Méndez, Xavier Toubes, Mauro Trastoy, Damián Ucieda

CRUZAMENTOS na arte galega da Colección CGAC é a última exposición do proxecto Unha mirada a Galicia, que convida a percorrer a nosa historia da arte máis recente a través do traballo de artistas cuxas obras se foron incorporando á Colección CGAC nas dúas últimas décadas.

Despois de pasar polo Museo do Mar de Vigo e polo Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, esta exposición preséntase a modo de colofón dun proxecto que nas súas primeiras propostas permitiu un achegamento á colección do museo noutros espazos expositivos, ampliando así o seu impacto no noso territorio. De volta ás salas onde descansan os seus fondos, CRUZAMENTOS na arte galega da Colección CGAC conxuga varias das pezas presentes nas anteriores mostras, sumando novas incorporacións coas que expandir o relato. Ademais, algunhas pezas que teñen o formato de series moi extensas, e que non puideron mostrarse na súa totalidade, así como algunha instalación, preséntanse agora completas aproveitando a xenerosidade dos espazos do CGAC. Unha mirada, particular pero colectiva, que logra entrelazar determinadas afinidades creativas sen por iso ocultar as disonancias co fin de debuxar unha cartografía, repleta de pregos, desde a que se asomar aos modos de proceder, conceptualizar ou concretar a creación contemporánea galega.

A selección de pezas mostra algúns dos enfoques narrativos, así como abordaxes plásticas, que foron construíndo parte da memoria visual do noso panorama plástico. Trátase dunha mostra que reivindica o rico e o diverso, conectando artistas de longa traxectoria con creadores e creadoras novos ou de media carreira, artistas que crean desde Galicia e outros que o fan en diferentes puntos da xeografía. Diverxen aquí as voces, as sensibilidades e os relatos, pero coinciden en abordar, con múltiples aproximacións críticas, cuestións de natureza social, histórica, política, identitaria ou artística instaladas no momento presente.

Con esta mostra o CGAC volve situar a colección como un eixe imprescindible e central do seu traballo e misión. A colección é un intenso proceso de documentación, unha precisa ferramenta de análise que serve para comprender mellor e simbolicamente o noso tempo.