Carrusel de imaxes de exposición

Aparellos para cartografar un paIs.jpg
Cabo de San Cibrao .jpg
pantalla-2.jpg
Pingas Rompentes
pantalla-8.jpg
pantalla-16.jpg
pantalla-19.jpg
pantalla56.jpg
pantalla-31.jpg
pantalla-47.jpg
Tampoco el mar duerme .Mark Ritchie.jpg
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10

PINGAS ROMPENTES. UNHA MIRADA A GALICIA. COLECCIÓN CGAC. EXPOSICIÓN ITINERANTE

01 Outubro 2021 - 09 Xaneiro 2022
EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO CGAC NO MUSEO DO MAR DE GALICIA (Av. Atlántida, 160. 36208 Vigo)
Comisariado:
Sara Donoso
Artistas:
Carla Andrade, Berta Cáccamo, Eva Díez, Christian García Bello, Xurxo Gómez Chao, Vítor Mejuto, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Pamen Pereira, Andrés Pinal

Pingas rompentes forma parte do proxecto Unha mirada a Galicia, que se asoma á creación galega contemporánea a través da Colección CGAC. Nesta ocasión, propoñemos unha selección específica de obras para o contexto do Museo do Mar de Galicia. Un relato conxunto que visibiliza o interese pola auga, os seus tránsitos e derivacións, que en cada caso se asumen desde o político, o estético ou o social. Como esas pingas que irrompen nas rochas facendo resoar os seus ecos, asomámonos a un conxunto de pezas que asimilan desde un discurso propio a lóxica dos fluídos, que exploran os reflexos e a flutuante incidencia da luz, vencellan a súa memoria íntima ao latexar dun territorio ou revisan a historia para achegarnos a novas narrativas. Instándonos a investigar todo aquilo que subxace á atracción atlántica, esta mostra busca operar no imaxinario das artistas como unha esfera armilar a través da cal é posible localizar a nosa paisaxe máis plural.