Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11

MODELO X ARMAR. ARTE EN GALICIA NA COLECCIÓN CGAC

10 Novembro 2017 - 15 Maio 2018
Comisariado:
Santiago Olmo
Artistas:
Varios

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Julio Cortázar, 62/Modelo para armar, trátase a colección como un modelo por construír, como unha tarefa imprescindible pero pendente, e sempre en proceso, para un museo. A mostra propón e contrapón tentativamente varios modelos de enfoque narrativo e histórico, entre a colisión e o diálogo, en forma dunha aproximación crítica.

A exposición coincide e acompaña ao seminario Novas Narrativas na Historia de Arte Contemporánea, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrará no CGAC entre o 24 e o 25 de novembro 2017. Nel abordaranse distintas maneiras de enfocar a historia. A colección do CGAC é unha ferramenta indispensable para construír historia e, especificamente, unha historia contemporánea de Galicia, desde unha consistente sección, a da arte feita en Galicia.

Folleto da exposición

Audio da conversa da presentación do proxecto de catalogación da Colección CGAC (Pedro de Llano, Anxela Caramés, Santiago Olmo)