Carrusel de imaxes de exposición

MIGUEL PALMA. DESCONFORTO MODERNO

08 Marzo 2013 - 09 Xuño 2013
Comisariado:
Miguel von Hafe Pérez
Artistas:
Miguel Palma

Miguel Palma (Lisboa, 1964) aprópiase das formas e do fluxo narrativo dunha modernidade en continua mutación interpretativa para traballar con conceptos como a dexeneración, o fracaso ou o progreso.

A súa fascinación polas iconas dunha modernidade clásica, como o automóbil, a aviación, a observación astronómica, a arquitectura e a tecnoloxía en xeral, resulta nun cadro de ansiedade que non reproduce un mundo desexado, senón máis ben o desexo dun mundo, materializado nunha curiosidade expansiva que cuestiona o real mediante instalacións, vídeos, debuxos e performances, como a que ha presentar no CGAC coincidindo con esta inauguración.

Folleto da exposición