COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS E INCORPORACIÓNS RECENTES

01 Marzo 2013 - 16 Xuño 2013
Comisariado:
Miguel von Hafe Pérez / Lourdes P. Seoane
Artistas:
varios

Nun exercicio de transparencia institucional, esta exposición presenta unha selección das obras adquiridas recentemente para a colección permanente do CGAC ou incorporadas aos fondos do centro a través do depósito da Colección Fundación ARCO.

Pese á conxuntura económica extremadamente difícil que atravesamos, o CGAC non deixou de ampliar os seus fondos, non só porque esta é unha das súas misións fundamentais senón tamén polo que representan estas compras para un sector cada vez máis debilitado. Así pois, seguindo a súa vocación xa consolidada, esta mostra reflicte a particular atención que o centro vén dedicando ao medio artístico galego, sempre en diálogo co contexto internacional, e máis concretamente, co latinoamericano, que constituíu sempre un dos alicerces para a construción da colección.