VIBRACIÓNS PROHIBIDAS

16 Novembro 2012 - 10 Marzo 2013
Comisariado:
Héctor Fouce, Xavier Valiño
Artistas:
Varios

Igual que o cine ou a prensa, a música pop e a rock tampouco non deron escapado da acción da censura. Pero, a diferenza destes, a represión intensificouse xusto cando a ditadura estaba a iniciar unha tímida apertura. O franquismo foi consciente do papel que a música xogara nas revoltas internacionais dos sesenta e tentou limitar o seu alcance nunha España cada vez máis desenvolvida e cosmopolita. A censura obrigou a producir novas portadas —convertidas hoxe en prezadas pezas de coleccionista— para refacer as máis escandalosas ou eliminar referencias incómodas nos textos das cancións. Vibracións prohibidas revisa os mecanismos de control aplicados durante a ditadura e a súa incidencia no mundo do pop e do rock, a través das portadas de discos da época e dos partes dos censores.

Folleto da exposición